Entreculturas

Que é e que fai Entreculturas?

A Fundación Entreculturas - Fe y Alegría é unha ONG de desenvolvemento que nace no sur hai 55 anos, e cre na educación como instrumento de desenvolvemento, transformación, cambio social e diálogo entre culturas. Desenvolve proxectos de infraestrutura educativa, dotación escolar, formación de docentes, formación técnica, educación a distancia, e programas de dereitos humanos e educación para a paz. A súa contabilidade audítase anualmente por unha empresa externa. Fundación Lealtad, analiza e avala a súa transparencia na actividade. As institucións doadoras controlan o destino das súas achegas, e avalían as accións conxuntas.

Proxecto

100 bolsas para estudantes de secundaria de Ruanda

Durante máis de 14 anos, a poboación congolesa sufriu as consecuencias da guerra e tivo que refuxiarse en Ruanda. Dende entón, Entreculturas apoiou e acompañou esta poboación no sector da educación, dende a infantil á secundaria. O proxecto que presentamos solicita fondos para outorgar bolsas a 100 estudantes de maneira que poidan finalizar os seus estudos de secundaria. Estes cen mozos con idades comprendidas entre os 15 e os 17 anos beneficiaranse das bolsas que se outorgarán de maneira equitativa entre mozos e mozas.

Cada bolsa anual por estudante ten un custo de 255 euros. A bolsa cobre o pagamento da taxa escolar, material escolar e gastos médicos.

Grazas a estas bolsas, os 100 mozos poderán terminar a secundaria e terán maiores oportunidades no mercado laboral.

Entreculturas necesita o teu apoio para levar a educación a Ruanda!

Podes colaborar de dúas formas:

  • Facendo unha transferencia ás contas que Entreculturas habilitou:
    • Santander 0049 0496 83 2010200200
    • BBVA 0182 4000 62 0010008001
  • Doa os teus Euros Naturgy chamando o teléfono 900 100 251.