Condicións da oferta

Electrodomésticos gama branca. Para este servizo, considéranse os seguintes: neveira, forno, lavalouza, lavadora, secadora e aire acondicionado. 

Servizo de Asistencia do fogar urxente cando se inclúa algunha das seguintes casuísticas: 

  • Fontanaría: rotura de canalizacións que se encontren no interior de muros, paredes, teitos, baixo chans, xardíns e as que queden ocultas á vista pero que produzan escapes de auga e causen danos; rotura de canalizacións vistas, radiadores, chaves de paso que produzan escapes de auga e causen danos; atrancos ou obstrución de condutos.
  • Ferraxaría: Apertura de porta, sempre que o cliente non poida acceder ao negocio/oficina (ou a do seu aparcadoiro) ou non poida saír; reparación ou substitución de bombín, pomo e manubrio, cando impida acceso; reparación ou substitución de peche/fecho de fogar, nos casos que quede desprotexido ou impida saír ou entrar.
  • Cristalería: Cando se trate de rotura de cristais ou ventás que dean ao exterior quedando o negocio/local desprotexido fronte ao acceso de terceiros dende o exterior (baixos edificio), exista perigo físico ou de inclemencias meteorolóxicas.

O desprazamento do servizo de reparación realizarase no prazo de tempo máis breve posible dende a recepción do aviso, que en todo caso será inferior a tres horas. Non obstante, Naturgy Iberia, S. A. quedará eximido de cumprir co devandito prazo cando concorran certas circunstancias. O servizo de reparación con intervención urxente (<3 horas) terá unha carencia de 15 días dende a data de entrada en vigor do contrato. Pezas non incluídas.
Conexión con profesionais cualificados de: Alarmas, albanelaría, antenas, vernizadores/esmaltadores, carpintaría, carpintaría metálica, ferraxaría, contratistas, cristalería, desobstrución de condutos, enmoquetado, equipos informáticos, fontanaría, limpezas (tras obras en domicilio), marmoristas, mudanzas, parqué, persianas, pintura, reparación de tellados, tapiceiros, televisores e vídeos, e xeseiros.
Este servizo inclúe visita en 24 horas laborables, desprazamento e presuposto gratuíto, tarifas pechadas que poderá coñecer de antemán no teléfono do servizo, e unha garantía de 6 meses.
 
Asistencia Telefónica en temas de:

  • Asistencia Informática. O cliente dispoñerá dun técnico informático para solucionar telefonicamente os posibles problemas que teña co seu PC, máx. 12 consultas ao ano. O cliente poderá solicitar o envío dun técnico ao seu domicilio, quen efectuará a reparación tras a aceptación do orzamento por parte do cliente.
  • Asistencia xurídico-legal: O cliente dispoñerá dun asesor xurídico que lle aclarará telefonicamente calquera dúbida dos ámbitos do dereito (mercantil, civil, laboral e seguridade social, dereito dos consumidores, medioambiental e asesoramento fiscal. O cliente terá a opción de concertar unha cita unha vez realizado o presuposto.
  • Servizo de xestoría: Asesoría telefónica en servizos de xestoría, de forma personalizada e a posibilidade de concertar os servizos que necesite en calquera provincia de España.
  • Xestión preferente de multas de tráfico: Tramitación de (1) multa gratis por ano. Adicionalmente, o cliente poderá obter asesoramento e xestión, previa aceptación de orzamento.
  • Consulta médica: atención telefónica dun equipo médico especializado na atención e asesoría.

Un servizo de mañoso eléctrico e un servizo de mañoso fogar por cada ano de vixencia do Contrato, co desprazamento e dúas (2) horas de man de obra gratuítas.
 

Prezos con IVE incluído e vixentes ata o 31/12/2022. Para Canarias non se aplica IVE, engádese o IXIC sobre o prezo base.
Servielectric GC Xpress: O prezo do servizo é de 93,57 € ao ano (IVE incluído), facturado en cotas mensuais de 7,80 €.

Oferta Servizos

A oferta consiste nun desconto do 20% no PVP do servizo para clientes que contraten un servizo de calquera modalidade da gama Servigas GC ou Servieletric GC e teñan contratada a luz con Naturgy Iberia S. A., a través da web www.naturgy.es.
Válida só para novas contratacións dos servizos en Naturgy Iberia S.A. Oferta válida ata o 15/04/2022. Consulta prezos dos servizos neste mesmo web. Oferta non aplicable para as modalidades sen carencia.

Condicións xerais do contrato de enerxías e servizos (PDF 56 kB) 

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477501642033

argssite - GNF