BASES DA PROMOCIÓN “SORTEO DUN iPHONE CADA SEMANA” DE NATURGY CLIENTES, S.A.U.

BASES DA PROMOCIÓN “SORTEO DUN iPHONE CADA SEMANA” DE NATURGY CLIENTES, S.A.U.

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA, ÁMBITO TERRITORIAL, TEMPORAL E PARTICIPANTES

1.1 A entidade mercantil NATURGY CLIENTES, S.A.U. (en diante, NATURGY), con domicilio social en

avenida de América, 38, 28028 Madrid e provista de NIF A67760876 realizará a promoción “SORTEO DUN iPHONE CADA SEMANA“ (en diante, a PROMOCIÓN) dende o próximo día 17 de febreiro de 2025 ata o 8 de abril de 2025 ás 23:59 horas, no que se obterá un gañador cada semana.


1.2 A promoción irá dirixida a todas aquelas persoas maiores de 18 anos, no ámbito territorial nacional de España, que dentro dos días sinalados contraten calquera Tarifa de Luz de NATURGY do medio naturgy.es.

1.3 NATURGY reserva o dereito á modificación unilateral das datas de inicio e finalización da PROMOCIÓN, así como o dereito a suspender ou anular a PROMOCIÓN se, por causas técnicas ou de calquera outra índole alleas á súa vontade, non puidese cumprir co normal desenvolvemento desta.

1.4 NATURGY poderá levar a cabo a xestión e o desenvolvemento da PROMOCIÓN por si mesma, a través da súa axencia de comunicación comercial ou mediante a colaboración de terceiros, á súa enteira discreción.

 

2.- OBJETO 

2.1 O obxectivo da PROMOCIÓN é premiar os gañadores do sorteo que contraten online do medio naturgy.es calquera tarifa de luz de NATURGY durante o período promocional indicado. 

 

3.- PREMIO

https://www.apple.com/es/shop/buy-iphone/iphone-16-pro

O premio consiste nun iPhone 16 Pro valorado en 1.219 € IVE incluído.

3.1 NATURGY non será responsable dos servizos que calquera outra entidade, coa que esta colabore, preste aos gañadores como consecuencia do premio obtido.

3.2 NATURGY reserva a posibilidade de substituír o premio por outro de características ou valor semellante en caso de forza maior ou imposibilidade por circunstancias alleas a Naturgy.

3.3 O premio está suxeito á normativa fiscal sobre premios regulada no imposto sobre a renda das persoas físicas.

 

4.- MECÁNICA DE PARTICIPACIÓN  

4.1 A Promoción está dirixida a calquera persoa física, maior de 18 anos e residente en España (tanto en Península como en Canarias, Ceuta, Melilla e Baleares), que contraten calquera tarifa de luz de NATURGY a través da canle online do medio naturgy.es durante o período promocional indicado. 

Quedan excluídos da promoción os cambios de produto.

Cada semana porase o contador das contratacións a 0.

4,2. NATURGY poderá solicitar a exhibición do DNI ou o documento de identidade ao gañador do premio no momento da entrega deste para verificar que é o titular do contrato de luz que realizou.

 

5.- ASIGNACIÓN DOS GAÑADORES

5.1 A asignación do gañador de cada semana realizarase mediante sorteo aleatorio entre todos os usuarios que contratasen algunha das tarifas de luz antes mencionadas a semana anterior.

5.2 Os clientes que finalizasen a contratación online de calquera tarifa de luz da semana en cuestión serán listados e, cunha función aleatoria a través da aplicación Easypromos, extraerase 1 gañador e 5 suplentes que cumpran os requisitos mencionados anteriormente.

O sorteo terá lugar cada luns ata o fin da promoción e os gañadores serán contactados directamente ese mesmo luns.

5.3 Os gañadores eximen a Naturgy de calquera responsabilidade derivada de calquera prexuízo que puidese sufrir no gozo do premio obxecto da promoción que se rexe por estas bases legais.

 

6.- FISCALIDADE

6.1 Ao premio da presente Promoción seralle de aplicación a Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas; o Real decreto 439/2007, do 30 de marzo, que aproba o seu Regulamento; a Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo; e demais disposicións concordantes, así como a lexislación complementaria, modificativa ou substitutiva de toda a anterior, polo que, se é o caso, corresponderá a NATURGY a realización do ingreso á conta ou a práctica da retención procedente do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).

6.2 De conformidade coa citada normativa, infórmase os participantes da presente Promoción de que os premios concedidos por participar en xogos, concursos, rifas ou combinacións aleatorias vinculadas á venda ou promoción de bens ou servizos están suxeitos a retención ou ingreso á conta do IRPF, sempre que o valor do premio sexa superior a trescentos euros (300 €).

6.3 En relación co anterior e para cumprir a vixente normativa fiscal, se procede, NATURGY practicará a correspondente retención e ingreso á conta sobre o premio entregado e, no seu momento, expedirá a oportuna certificación que facilite ao participante o cumprimento das súas obrigas fiscais ao ter que incorporar na súa declaración de IRPF o rendemento consistente no premio recibido, xunto co resto das rendas que perciba, e de cuxa cota total se poderá deducir como xa ingresada a cantidade que conste na mencionada certificación de ingreso á conta.

6.4 O participante gañador deberá confirmar o día da entrega do premio os seus datos persoais, así como mostrar o seu DNI ou a tarxeta de residente. Co fin de que poidan ser efectuadas as retencións mencionadas no punto anterior, o gañador deberá asinar, en todo caso, un escrito xustificativo da recepción do premio, ao recibilo, e entregar a fotocopia do seu DNI ou documento de identidade. No caso contrario, perdería o seu dereito á recepción do premio. 

É obrigatorio completar os datos persoais e fiscais dos gañadores para a entrega dos premios, de forma que a ausencia de calquera dos devanditos datos supoñerá a perda do dereito ao premio obtido.

 

7.- CONSULTA DE BASES

7.1 Os participantes poderán consultar as instrucións e a normativa da presente PROMOCIÓN na web de NATURGY: www.naturgy.es

7.2 A participación na presente PROMOCIÓN supón aceptar as presentes bases, así como o criterio de NATURGY na resolución de calquera conflito que puidese xerar a súa interpretación. 

 

8.- NOTIFICACIÓN E ENTREGA DE PREMIOS

8.1 NATURGY porase en contacto co usuario gañador mediante correo electrónico ou teléfono. A notificación ao gañador realizarase segundo o descrito anteriormente no punto 5.

8.2O gañador deberá aceptar expresamente o premio, así como facilitar unha serie de datos persoais para poder entregar o premio. Se tras vencer o prazo de 48 horas NATURGY non tivese a confirmación da aceptación do premio por parte do gañador, NATURGY entenderá que renuncia a este e contactará cos gañadores suplentes.

8.3 Unha vez aceptado o premio, NATURGY enviará o premio, así como as instrucións para o seu troco a través dunha mensaxe directa ou mediante o correo electrónico facilitado polo gañador.

8.4 Os datos persoais facilitados polo gañador serán tratados por NATURGY co fin de xestionar a súa participación no sorteo e formalizar a entrega do premio sobre a base do consentimento dado por este na resposta facilitada na devandita mensaxe. 

 

9.- TROCO DE PREMIOS

9.1 O premio obxecto da presente PROMOCIÓN non se pode trocar en metálico nin por calquera outro premio por petición dos participantes.

 

10.- DEREITOS DE IMAXE
10.1 Todos os participantes autorizan a NATURGY a reproducir, utilizar e difundir a súa imaxe, nome e apelidos, en calquera actividade publicitaria ou promocional que estea relacionada con esta Promoción, todo iso en calquera medio de comunicación (incluíndo con carácter enunciativo, e non limitativo, a explotación a través de Internet e Internet para telefonía móbil), sen limitación territorial ou temporal ningunha, e sen que as devanditas actividades lles confiran dereito de remuneración ou beneficio ningún con excepción feita da entrega do premio no caso de que resulten gañadores deste conforme estas bases.

 

11.- FRAUDE 

11.1 No caso de que NATURGY ou calquera entidade que estea ligada profesionalmente á presente PROMOCIÓN detecten calquera anomalía ou sospeiten que un participante está a impedir o normal desenvolvemento da PROMOCIÓN, mediante calquera procedemento técnico ou informático, alterando ilegalmente o seu rexistro ou participación falseándoa, poderá considerar, de forma unilateral, non válida a súa participación. 

11.2 NATURGY habilitou os soportes tecnolóxicos necesarios para detectar calquera posible actuación fraudulenta, anómala ou dolosa que pretenda alterar a participación co obxectivo de lograr o premio de forma ilícita. Polo tanto, NATURGY reserva o dereito da participación a calquera participante que evidencie ou do que se sospeite unha actuación irregular no sentido descrito. 

 

12- DESCUALIFICACIÓN DE PARTICIPANTES E PREMIOS DESERTOS  

12.1 NATURGY reserva a posibilidade de declarar as participacións nulas e o premio deserto no caso de que os participantes cometan fraude, nos termos recollidos nas bases precedentes, ou de que se atente contra algún dos dereitos recoñecidos na Constitución e na lexislación vixente. 

 

13.- ACEPTACIÓN DE BASES 

13.1 A participación na presente PROMOCIÓN supón aceptar as presentes bases, así como o criterio de NATURGY na resolución de calquera conflito que puidese xerar a súa interpretación. 

13.2 Para estes efectos, NATURGY reserva, sempre que redunde no bo fin da Promoción e non sexa contrario á lei, o dereito a modificar as bases en calquera momento se as circunstancias así o requirisen, a criterio de NATURGY. A modificación anunciarase e entrará en vigor a partir da data do seu anuncio, sen que os participantes poidan realizar reclamación ningunha a NATURGY por iso.

13.3 A manifestación do contrario por parte dos participantes implicará a súa exclusión da Promoción e NATURGY quedará liberada de cumprir a obriga contraída co devandito participante.

 

14.- RESPONSABILIDADE 

14.1 NATURGY non se responsabiliza das posibles perdas, deterioracións, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento da presente PROMOCIÓN ou a entrega e gozo do premio. 

14.2 Unha vez entregado o premio, NATURGY non se fai responsable do uso ou gozo deste nin dos danos, defectos, avarías ou mal funcionamento dos premios ou os que estes poderían causar, e someterase á garantía que ofreza o fabricante ou o prestador do servizo. 

14.3 Todos os gastos nos que poidan incorrer os participantes, como motivo da participación na PROMOCIÓN, correrán por conta exclusivamente destes. Igualmente, correrán a cargo dos participantes gañadores todos os gastos extra nos que os gañadores poidan incorrer pola entrega e uso ou gozo do premio.

14.4 NATURGY non se responsabiliza dos danos ou incidentes que poidan producirse no envío do premio obxecto da Promoción que sexan imputables ás empresas de transporte contratadas.

14.5 Así mesmo, NATURGY tampouco se fai responsable dos defectos ou vicios ocultos que poida presentar o mencionado premio e que sexan imputables á empresa fabricante ou distribuidora deste, nin aos danos que se deriven do uso propio ou impropio de tal premio.

14.6 NATURGY tampouco asume responsabilidade ningunha polas incidencias que puidesen suceder durante os traslados, desprazamentos, actos e estadías no caso de que o premio consista nunha viaxe, visita ou asistencia a calquera tipo de evento, degustación gastronómica ou espectáculo.

14.7 O gañador exime, polo tanto, a NATURGY de calquera responsabilidade derivada de todo dano ou prexuízo que puidese sufrir no gozo do premio obxecto da presente Promoción.

 

15.- LIMITACIÓN DE PARTICIPACIÓN 

15.1 Quedan excluídos da promoción:

●       Os empregados de NATURGY, así como os de todas as empresas encargadas da realización da presente PROMOCIÓN.

●       Aqueles usuarios que facilitasen datos falsos ou repetidos.

●       Usuarios que participasen de forma fraudulenta noutras promocións de NATURGY.

●       Os menores de idade. As persoas incursas nalgunha das prohibicións ás que se refire o artigo 6 da Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo.

15.2 No suposto de que resultase gañadora algunha das persoas excluídas de participar na promoción, estas perderán o seu dereito a obter o premio asignado, e procederase a entregar o premio á seguinte persoa que reúna as condicións válidas de participación.

15.3 A mecánica da PROMOCIÓN esixe que os datos facilitados sexan veraces, completos e que se manteñan actualizados, polo que o participante se compromete a notificar calquera cambio ou modificación que puidese existir sobre estes. Se os datos de carácter persoal foran erróneos, incompletos ou non estivesen actualizados polo participante, a súa participación na PROMOCIÓN quedará invalidada. 

 

16.- LEI E XURISDICIÓN APLICABLE 

16.1 A interpretación e o cumprimento das presentes bases rexeranse polo disposto nas súas cláusulas e o que non estea previsto, polo que estableza a lexislación vixente española que resulte de aplicación. 

16.2 NATURGY e os participantes na Promoción, con renuncia expresa ao propio foro que, se é o caso, lles fose aplicable, sométense, no que respecta á resolución de calquera controversia que puidese derivarse das bases ou da celebración ou resultado da Promoción, á xurisdición dos xulgados e tribunais da cidade de Barcelona, agás no caso de consumidores, en cuxo caso será o que a lei estableza.

En Barcelona, 8 de febreiro de 2024.