Información complementaria para avaliar o prezo eléctrico indexado do teu contrato.

 

Prezo do termo de enerxía para cada período mes n = PME horas do período mes n + Custos regulados + Custos de operación + Facenda local

A continuación, detállase para os diferentes compoñentes do prezo que se vai aplicar mensualmente a cada período.

1)         O PME horas do período mes n  Pódese expresar segundo a seguinte fórmula simplificada:

Na que temos que:

OMIEh correspóndese coa extracción de información da web de REE (www.esios.ree.es) relativa ao “Prezo medio horario compoñente mercado diario contratación libre”, cos datos do mes anterior ao de aplicación, é dicir “n-1” para cada hora.

SSAAh correspóndese coa extracción dos compoñentes de servizos de axuste, información dispoñible na web de REE buscándoa pola referencia “prezo medio horario compoñente” e a denominación do servizo de axuste correspondente, para cada hora, do mes anterior de aplicación.

Estes servizos están definidos na Lei 24/2013. A modo indicativo, estes servizos de axuste están formados, entre outros, e sen ser limitantes, polos seguintes:  Restricións PBF;  Restricións TR; Mercado intradiario; Restricións intradirario; Reserva potencia adicional; Banda secundaria; Desvíos; Saldo de desvíos; Saldo PO; Fallo nomeamento UPG; Servizos de interrompibilidade.

No caso de que algún deles se modificase ou ampliase con outros, estes serán revisados e aplicados directamente.

Perdh son as perdas horarias do sistema para cada tarifa. Estes valores publícaos REE para o mes “n-1”. Están dispoñibles na web de REE,  no apartado de “descargas“, no ficheiro “A2_liquicomun” e nos ficheiros denominados “A2_perd” para cada tarifa de acceso.

ch correspóndese co coeficiente horario dos perfís iniciais de consumo que publica REE, correspondente á hora “h” segundo a tarifa que corresponda para cada hora do mes “n-1”,  publicado na Resolución do 26 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas ou na normativa que a substitúa. Este perfil aplicarase sempre para calcular.

2)        Os custos regulados pódense expresar segundo a seguinte fórmula simplificada:

 Na que Perdh e  ch teñen a mesma definición que o apartado anterior.

a)     PC correspóndese cos pagamentos por capacidade.

b)     CF correspóndese coas remuneracións aos operadores do sistema (REE) e do mercado (OMIE)

c)     ATR correspóndese coas peaxes de acceso ás redes.

Estes tres conceptos aplicaranse de acordo cos valores que sexan de aplicación na normativa vixente no mes de facturación do consumo do mes “n”.

O mes de consumo e de aplicación do prezo que se vai facturar por período corresponde ao mes "n", mentres que os datos utilizados para calcular e avaliar o prezo tamén se refiren ao mesmo mes

A información necesaria para calcular o prezo obtense de terceiros, principalmente da páxina web de REE-ESIOS (www.esios.ree.es). Naturgy non asume responsabilidade por modificacións nos accesos aos arquivos nin pola forma en que se publiquen no futuro.