Consellos de
seguridade para
a túa comunidade
Consellos de
seguridade para
a túa comunidade
Instalación de gas e electricidade
Como manter a instalación de gas e electricidade en bo estado
Como manter a instalación de gas e electricidade en bo estado
Coñecer e entender os riscos asociados ás instalacións de electricidade e gas fará que as comunidades sexan medios seguros e máis confortables. Para eliminar posibles fontes de risco, abonda con aplicar un conxunto de boas prácticas e a normativa vixente.
Consellos de seguridade para instalacións de gas
Consellos de seguridade para instalacións de gas
Mantemento
As instalacións de gas deben manterse en bo estado mediante inspeccións periódicas.
Ventilación
As redes de ventilación e as saídas de gas non deben obstruírse baixo ningún concepto.
Prevención
As chaves de paso deben pecharse en ausencias prolongadas para evitar accidentes.
Garantía
A instalación só pode ser modificada por unha empresa autorizada.
Consellos de seguridade para instalacións eléctricas
Consellos de seguridade para instalacións eléctricas
Corta a electricidade da túa comunidade ante calquera incidencia
Comprobación
- O interruptor xeral e o cadro de mandos teñen que estar situados en puntos de doado acceso.
- A tensión dos electrodomésticos e dispositivos informáticos ha de ser a axeitada.
- É conveniente que as luces se manteñan lonxe de paredes e cortinas.
- O diferencial ten que funcionar correctamente. Pola contra, é necesario poñerse en contacto cun instalador electricista autorizado.
Manipulación
- Electrodomésticos ou dispositivos informáticos: de manipular equipos eléctricos, é necesario apagalos primeiro e logo desenchufalos tirando da caravilla illante, nunca do cable.
- Interruptores automáticos: é aconsellable non manipular os interruptores automáticos para que funcionen libremente en caso dun fallo na instalación.
- Conexións múltiples: sempre debe usarse un enchufe para cada receptor co fin de evitar sobrequentamento.
Precaucións
- Os aparatos con cables pelados, caravillas rotas ou enchufes deteriorados non deben usarse.
- Se un dispositivo dá cambra, bota fume ou desprende un cheiro raro, chama un técnico especialista.
- As pantallas e os percorridos de cable non deben colocarse xunto a focos de calor.
- Evita que o persoal da empresa toque os equipos eléctricos coas mans ou os pés mollados.
Confianza e seguridade na túa comunidade
Tes unha emerxencia? Velamos polas túas instalacións
Inspección periódica
Inspección periódica
Visita de diagnóstico e conservación
Todas as instalacións de gas natural pasan inspeccións periódicas obrigatorias para garantir un aproveitamento óptimo da enerxía e ter a maior seguridade posible. Esta comprobación realízana empresas instaladoras ou a túa empresa distribuidora de gas natural.
Emerxencias
Emerxencias
Reparacións urxentes en caso de emerxencia
Tes algún tipo de problema coa instalación eléctrica ou de gas na túa comunidade? Poñemos á túa disposición un Servizo de Atención de Urxencias continuo para solucionar as túas incidencias o máis rápido posible. O noso equipo de profesionais solucionarán a túa avaría!
Gasconfort
Gasconfort
Solucións con gas natural para a túa comunidade