Como aforrar consumo eléctrico?
Para diminuír o devandito consumo, só fai falta seguir certos hábitos de consumo.
A maioría das comunidades dispoñen dun ou varios ascensores, o que orixina
un elevado consumo eléctrico.
Hábitos de consumo
Recorda aos veciños que eviten chamar varios ascensores á vez. Isto dispara o consumo.
Aconsella á comunidade o uso das escaleiras de se tratar de poucos pisos.
Medidas tecnolóxicas
Solucións eficientes
Mecanismos de manobra selectiva: activan a chamada do ascensor máis próximo ao punto requirido.
Iluminación de ascensores: recoméndase que o interior dos ascensores non estea permanentemente iluminado. Pode instalarse un detector de presenza que acenda a luz do interior só cando entre alguén ou interconectar o arranque das luces do habitáculo co mecanismo de manobra do ascensor.