Pasos para ser o noso cliente
Estes son os pasos e prazos para realizar o cambio de compañía de enerxía
Cambiar de comercializadora é moi sinxelo, unha vez que asines un contrato con Naturgy, encargámonos de realizar todos os trámites necesarios para facer efectivo o cambio de compañía.
Estes son os pasos para ser cliente
-
Día 1. Sinatura e aceptación do contrato con Naturgy
Unha vez asinaches o contrato iníciase o proceso de cambio de compañía. -
Antes de 30 días. Xa es cliente de Naturgy
No prazo máximo dun mes (1), recibirás unha carta de benvida á túa nova compañía. -
Factura de liquidación da túa anterior compañía
Unha vez xa es cliente de Naturgy, recibirás a factura de liquidación da túa anterior compañía. A última lectura utilizada para a facturación de liquidación do teu anterior comercializadora "sempre" será a de partida da primeira factura de Naturgy. -
Primeira factura de Naturgy
Antes de 30 días (en caso de facturacións mensuais), ou ben, antes de 60 días, nas facturacións bimestrais, recibirás a túa primeira factura (2) de Naturgy.
Condicións da oferta
(*) Prazos medios estimados. | (1) A partir dese momento recibirás a factura de liquidación da túa anterior compañía e a primeira factura da túa compañía actual, Naturgy. A última lectura utilizada para a facturación de liquidación do teu anterior comercializadora "sempre" será a de partida para a primeira factura de Naturgy. | (2) Para as subministracións eléctricas con ciclo de lectura e facturación bimestral, a data de cambio será nos 15 días seguintes á solicitude de acceso á súa distribuidora ou cando corresponda segundo o ciclo de lectura. Para aquelas subministracións con ciclo de lectura e facturación mensual, será segundo o ciclo de lectura. Para tarifas de gas 3.1, 3.2 e 3.3 a data de cambio coincidirá co día 1, 11 ou 21 de cada mes, debendo seleccionar o distribuidor a data de cambio máis próxima á de validación. A data de cambio para tarifas 3.4 coincidirá co ciclo de lectura que teña o cliente.
Ficheiros relacionados:
Condicións xerais do contrato de enerxías e servizos (PDF 58 kB)