Condicións da oferta
Condicións da oferta
3 €/MWh de desconto aplicable no termo variable do gas natural para as tarifas RL.1, RL.2, RL.3, RL.4 e RL.5 durante os 12 primeiros meses de contrato.
Condicións Particulares
Condicións Particulares
Os prezos do Termo Variable foron calculados coa aplicación da fórmula e serán aplicables dende o 1 de abril ata o 30 de abril de 2022.
Actualizaranse mensualmente coas variacións que experimenten os valores da fórmula. O prezo que se detalla considera o valor das peaxes e canons polo acceso de terceiros ás instalacións gasistas, segundo o establecido na Resolución do 27 de maio de 2021, da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, pola que se establecen as peaxes de acceso ás redes de transporte, redes locais e regasificación dende o 1 de outubro de 2021. BOE, núm. 128, do 29 maio de 2021, así como o valor dos cargos do sistema, segundo establece a Orde TED/1023/2021, do 27 de setembro de 2021, pola que se establecen os cargos do sistema gasista a partir do 1 de outubro de 2021.
As variacións que se produzan nas peaxes de acceso, cargos, tributos e/ou calquera outro imposto que sexa de aplicación, mesmo os de nova creación, repercutiranse ao cliente á alza ou á baixa segundo proceda.
Unha vez finalizada a vixencia do presente contrato, aplicarase a nova fórmula de prezo que se lle comunicase, con 1 mes de antelación ou, na súa ausencia, entenderase prorrogada a fórmula de prezo vixente durante 1 ano.
En calquera momento, por pedimento do cliente, pode realizarse un cambio de oferta a calquera dos produtos que se estean a comercializar no momento da petición segundo a súa tarifa de acceso.
Condicións xerais do contrato de enerxías e servizos (PDF 58 kB)