O cambio climático e Gas Natural Fenosa

Gas Natural Fenosa contra o cambio climático

O cambio climático é o gran reto ambiental do século XXI. Prevese que o seu impacto potencial podería xerar falta de auga potable, cambios nas condicións para a produción de alimentos, inundacións, tormentas, secas e vagas de calor. Conscientes do noso papel como empresa enerxética queremos achegar solucións e sumámonos á transformación dos actuais modelos enerxéticos e produtivos.

A nosa estratexia en cambio climático

A nosa estratexia en cambio climático

A redución de emisións de GEI articúlase a través de catro eixes definidos na nosa estratexia en cambio climático: ecoeficiencia, xestión do carbono, I+D+i e concienciación social.

O noso compromiso: Iniciativa Menos GEI

O noso compromiso. Iniciativa Menos GEI

O compromiso do grupo en materia de cambio climático plásmase na iniciativa Menos GEI, que recolle o noso posicionamento e os obxectivos de redución de emisións.

Enerxías respectuosas co medio

Unha compañía que subministra enerxía limpa

Xeramos electricidade con tecnoloxías baixas en carbono, principalmente a través de ciclos combinados de gas natural e a promoción de enerxías renovables.

Redución da nosa pegada de carbono. Actuacións.

Redución da nosa pegada de carbono. Actuacións

Levamos a cabo actuacións concretas para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e compensar a nosa pegada de carbono.