dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

A pegada ambiental da nosa actividade

A medida do impacto ambiental que xera un produto ou un servizo ao longo do seu ciclo de vida coñécese como Pegada ambiental. Co fin de reducir o impacto dos nosos produtos e servizos e tendo en conta as actividades da nosa cadea de subministración, en Gas Natural Fenosa calculamos, ano tras ano, a Pegada Ambiental de toda a Compañía.

A pegada ambiental da nosa actividade

 

Para calcular a Pegada ambiental da nosa actividade, utilizamos unha ferramenta denominada Unidades Ambientais (UMAS), baseada na metodoloxía de análise do ciclo de vida e seguindo as etapas marcadas nas normas internacionais da serie ISO 14040. Esta metodoloxía cuantifica as distintas sub-pegadas, como son a pegada hídrica, a pegada de cambio climático, a pegada atmosférica, a pegada de ruído, a pegada de residuos, a pegada de biodiversidade e a pegada de chan.

Metodoloxía UMAS

O cálculo da pegada ambiental permite analizar o desempeño ambiental da compañía e a súa evolución no tempo para poder planificar as accións necesarias para reducir o impacto ambiental e mellorar a xestión ambiental da compañía.
 

A Pegada ambiental directa total en 2012 foi de 4.821 UMAS. Este ano caracterízase polo aumento das pegadas relativas ás emisións atmosféricas (pegada atmosférica e de cambio climático) debido ao maior funcionamento das centrais térmicas de carbón, de acordo ao novo marco regulatorio. 

O aumento da Pegada de residuos explícase polo incremento nos residuos vexetais xerados en Moldavia, consecuencia dunha poda extraordinaria e dos maiores residuos de construción e demolición das obras de canalización de gas natural.  

 

Consulta máis información acerca da metodoloxía UMAS.

O dato: A pegada ambiental total de Gas Natural Fenosa en 2012 foi de 4.821 UMAS.

Tamén lle pode interesar: