dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

O noso compromiso: Iniciativa Menos GEI

O noso compromiso. Iniciativa Menos GEI

 

O posicionamento de Gas Natural Fenosa ante o cambio climático baséase no principio incluído na Política de Responsabilidade Corporativa:

Cita

Gas Natural Fenosa coa iniciativa "Menos Gases de Efecto Invernadoiro" comprométese a:

  • Manter estratexias e políticas en materia enerxética coherentes coa seguridade de subministración, competitividade e sostibilidade ambiental.
  • Establecer obxectivos cuantificados de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.
  • Nivelar o balance dos vectores sociais, ambientais e económicos para contribuír a unha economía baixa en carbono.
  • Optimizar e fomentar o aforro e a eficiencia enerxética nas nosas instalacións e nas dos nosos clientes, como a contribución máis eficaz na loita contra o quentamento global.
  • Ser activos nos mercados de carbono e apoiar a súa globalización para que as tendencias en produción e consumo de enerxía sexan sostibles.
  • Guiar as actuacións da compañía para concienciar o conxunto da sociedade na solución global do cambio climático.
  • Establecer medidas concretas que contribúan a acadar compromiso de redución de emisións globais, equitativos e sostibles.
  • Impulsar a execución de proxectos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro a escala global, prestando especial atención a países en vías de desenvolvemento.

Liderado na mitigación do cambio climático

 

Proba do firme compromiso de Gas Natural Fenosa en materia de cambio climático é a súa presenza en Caring for Climate: The Business Leadership Platform, plataforma integrada polas compañías que participan no Pacto Mundial de Nacións Unidas. Esta iniciativa pretende avanzar na loita contra o cambio climático a través da mellora da eficiencia e da redución das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI).

 

 

Ademais, o noso alto nivel de reportamento convértenos nunha das compañías máis exhaustivas á hora de comunicar información ambiental ao mercado e en transparencia en canto ao impacto que as nosas actividades enerxéticas teñen no medio.

De feito, Carbon Disclosure Project xa lle outorgou en 2011 a Gas Natural Fenosa a primeira posición do seu Índice Iberia125, que inclúe as maiores empresas de España e Portugal, atendendo de novo ao noso comportamento en transparencia e xestión do cambio climático.

Gas Natural Fenosa lidera, por segundo ano consecutivo, a clasificación mundial dentro do grupo das utilities no informe CDP Global 500 Climate Change Report correspondente a 2013, que analiza o comportamento no ámbito do cambio climático das principais compañías a nivel internacional.