dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Enerxías respectuosas co medio

Unha compañía que subministra enerxía limpa

 

Como compañía do sector da enerxía o noso reto consiste en satisfacer a crecente demanda enerxética dun mundo en desenvolvemento, e ademais, debemos facelo dun xeito cada vez máis limpo, máis seguro e máis fiable.

A compañía dispón dun mix de xeración, capaz de responder axeitadamente á demanda de enerxía das sociedades nas que opera, apostando sempre polo impulso das tecnoloxías máis respectuosas co ambiente.

En termos de eficiencia enerxética e redución de emisións, tanto o gas natural coma a enerxía xerada a partir de fontes renovables cobran un crecente protagonismo no mix de xeración de enerxía eléctrica de Gas Natural Fenosa en España.

 

Ciclos combinados de gas. A enerxía térmica de orixe fósil máis limpa

A produción eléctrica con centrais de ciclo combinado de gas natural foi gañando peso nos últimos anos, alcanzando o 80% do mix de xeración térmica convencional da compañía.

Este feito, xunto con outras melloras ambientais levadas a cabo nas centrais de carbón, supuxo unha importante redución do impacto ambiental global da xeración eléctrica.

Coñece en que consiste o ciclo combinado de gas.
 

Sabías que...

Gas Natural Fenosa Renovables. Xeración Verde

No ámbito das enerxías limpas e responsables co ambiente tamén cabe destacar a creación de Gas Natural Fenosa Renovables, filial que agrupa todas as enerxías de orixe renovable da compañía e que supón un grande impulso para estas tecnoloxías de xeración.