dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Proxectos de I+D+i

Tratamento de CO2

Tratamento de CO2

Na liña de tratamento de CO2 traballamos no desenvolvemento dunha planta experimental para a captura de CO2. Trátase dunha instalación de combustión de biomasa en leitos de carbonatación-calcinación cuxos valores experimentais de captura demostrados se sitúan no 80% (proxecto MENOS CO2).

Nesta mesma liña, participamos nun proxecto industrial de demostración de dúas plantas de captura en pos-combustión de 20 MW e almacenamento nun acuífero salino próximo.

Adicionalmente, estamos traballando proxectos de estudo e desenvolvemento de almacenamentos de CO2 en Cataluña e Palencia.

 

Eficiencia enerxética para o usuario final

No ámbito da eficiencia enerxética desenvolvemos proxectos con clara orientación cara ao usuario final. 

Actualmente estamos traballando:

  • Proxecto europeo 3E-HOUSES-HOUSES dirixido a favorecer o aforro de enerxía no sector residencial. O obxectivo deste proxecto é a integración das tecnoloxías máis comúns da información e a comunicación (TIC's) en vivendas sociais para axudarlles aos fogares a aforrar enerxía, desprazar consumos de horas punta a horas val e reducir as emisións de CO2.
  • Desenvolvemento dun software de xestión dunha frota de vehículos eléctricos nas oficinas de Gas Natural Fenosa en Arteixo (Proxecto RIRVE).
  • Proxecto dun autobús híbrido de gas natural comprimido para a empresa de transportes públicos de Barcelona (TMB).

 

Novas iniciativas en enerxías renovables e vectores enerxéticos

Novas iniciativas en enerxías renovables e vectores enerxéticos

Proxecto do parque eólico de Sotavento

O proxecto do parque eólico de Sotavento está orientado a xerar e almacenar hidróxeno a partir de excesos de produción eólica reutilizando o hidróxeno como combustible en puntas de demanda.

Proxecto co IREC (Instituto de Investigación en Enerxía de Cataluña)

Trátase dun proxecto para o cultivo de microalgas capaces de absorber o CO2 da atmosfera ou tomalo directamente dos gases de combustión de centrais térmicas. Posteriormente, estas microalgas enriquecidas con CO2 poden ser utilizadas para a produción de biogás.

Adicionalmente a este proxecto, tamén se participa nun proxecto de cultivos enerxéticos co IRTA (Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentarias).
 

Transporte sostible

Proxecto Domocell

Dentro da liña de enerxía vehicular, destacamos o proxecto Domocell, que ten como obxectivo a creación dun sistema de recarga domiciliario para vehículos eléctricos e se enmarca nas actuacións de promoción do vehículo eléctrico.

Neste proxecto, ademais da creación do sistema de carga seguro e eficiente, caracterizáronse as tipoloxías de uso de vehículos e tamén varios dos vehículos eléctricos comercializados na actualidade e verificouse os efectos da carga sobre a rede.

A nosa contribución baséase nos seguintes piares:

  • Investigación do impacto da rede.
  • Sistema de lectura de medicións baseado en contadores intelixentes. Sistema de transmisión de consumos baseado en tecnoloxías seguras de curto alcance.
  • Monitorización do estado da rede.
  • Plataforma aberta para a integración dos datos cos sistemas informáticos da compañía eléctrica.

Redes intelixentes

Redes intelixentes

No marco da liña de innovación de Redes Intelixentes, destacamos o proxecto Price, unha aposta coliderada con Iberdrola e na que participan varias empresas, centros tecnolóxicos e universidades para a posta en marcha de tecnoloxías de rede intelixente na área xeográfica do corredor do Henares.

O proxecto, que afecta unha poboación de 500.000 habitantes, conta cun presuposto de máis de 34 millóns de euros e co apoio do Ministerio de Economía e Competitividade e supón:
 

  • O despregamento dos contadores intelixentes
  • A automatización da rede
  • A monitorización da xeración distribuída e renovable
  • A posta en marcha de programas de xestión da demanda.

As redes intelixentes, que permiten unha optimización dende o punto de vista de infraestruturas, maximizan o uso das fontes renovables e locais co conseguinte efecto ambiental.