dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Ciclos combinados de gas natural: tecnoloxía punta e desenvolvemento sostible

Ciclos combinados

 

O alto rendemento dos ciclos combinados de gas natural como tecnoloxía de xeración e as menores emisións de gases de efecto invernadoiro producidas por este tipo de centrais convértena na enerxía térmica de orixe fósil máis limpa, e explica que esta tecnoloxía represente aproximadamente o 60% do parque de xeración de Gas Natural Fenosa.  

 

Importante

Que son os ciclos combinados?

Os ciclos combinados son centrais de xeración de enerxía eléctrica nas que se transforma a enerxía térmica do gas natural en electricidade mediante dous ciclos consecutivos: o que corresponde a unha turbina de gas convencional e o dunha turbina de vapor.

Este tipo de centrais caracterízanse polo uso que se realiza da calor xerada na combustión da turbina de gas, que se leva a un elemento recuperador da calor e se emprega para mover unha ou varias turbinas de vapor. Estas dúas turbinas, de gas e vapor, están adaptadas a un alternador común que converte a enerxía mecánica xerada polas turbinas en enerxía eléctrica.

A combinación destes dous procesos permite acadar rendementos, en torno ao 60%, moi superiores aos dunha central térmica convencional cun só ciclo, xa que obtén a enerxía eléctrica en dúas etapas, logrando así un maior aproveitamento da enerxía do combustible.
 

Como funciona unha central térmica de ciclo combinado?

Funcionamento dunha central de ciclo combinado

 


Descúbreo a través do noso infográfico
 

Beneficios ambientais do ciclo combinado

  • O rendemento nas centrais de ciclo combinado é moi superior (un 58% fronte a un 36% dunha central convencional). É dicir, cun menor consumo de enerxía primaria lógrase unha maior produción de enerxía eléctrica. Iso supón vantaxes tanto ambientais coma económicas.
  • Producen menor contaminación atmosférica, xa que o gas natural é un combustible máis limpo que o carbón, o petróleo ou os seus derivados, usados en moitos casos, para producir electricidade.
  • Unha central de ciclo combinado só require, para a condensación do vapor, un terzo da auga de refrixeración necesaria nas centrais térmicas convencionais.
  • O transporte e a subministración da enerxía primaria (o gas natural) faise a través dun gasoduto enterrado, polo que se evita o impacto derivado da circulación de camións ou trens de aprovisionamento de carbón ou fuel.
  • As centrais de ciclo combinado poden construírse preto dos lugares onde se consumirá a electricidade. Deste modo acúrtanse as liñas de tendido eléctrico, co que se reducen as inevitables perdas de electricidade e diminúe o impacto visual.