dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Gas Natural Fenosa Renovables. Xeración Verde

Gas Natural Fenosa Renovables. Xeración Verde

 

En 2020, o 20% da enerxía xerada na Unión Europea deberá ser de tipo renovable.

Así o esixe o compromiso do Protocolo de Kyoto, asinado por 187 países en 1997. O acordo internacional estableceuse co obxectivo de reducir as emisións de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro e loitar contra o quentamento global do planeta.

Neste sentido, Gas Natural Fenosa creou en 2010 a empresa Gas Natural Fenosa Renovables (GNFR), onde se integran as liñas de negocio de enerxías renovables e de coxeración do grupo a nivel nacional e internacional.
 

Cita

Entre as enerxías renovables encóntrase a eólica, a xeotérmica, a hidroeléctrica, a maremotriz, a solar, a undimotriz, a biomasa e os biocombustibles.

Sabías que...

Actividade e obxectivos alcanzados por GNFR

A actividade de Gas Natural Fenosa Renovables céntrase nas tecnoloxías máis maduras e economicamente competitivas, como son a eólica, a coxeración e a minihidráulica

Actualmente, é o quinto operador eólico nacional e conta con presenza activa en catorce comunidades autónomas.
 

Antecedentes

Na definición da cadea de valor de Gas Natural Fenosa Renovables entran en xogo tres empresas (Gas Natural, Unión Fenosa e EUFER), cada unha coa súa forma e estilo; por iso, deseñouse unha cadea de valor nova que integra as mellores prácticas no ámbito de renovables de cada compañía.