dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Principios de actuación responsable co medio

Principios de actuación responsable co medio

 

O respecto ao medio é un dos compromisos que establece a Política de Responsabilidade Corporativa de Gas Natural Fenosa e concrétase nos seguintes principios:
 

  • Contribuír ao desenvolvemento sostible mediante a ecoeficiencia, o uso racional dos recursos naturais e enerxéticos, a minimización do impacto ambiental, o fomento da innovación e o uso das mellores tecnoloxías e procesos dispoñibles.
  • Contribuír á mitigación do cambio climático a través de enerxías baixas en carbono e renovables, a promoción do aforro e a eficiencia enerxética, a aplicación de novas tecnoloxías e a captura do carbono.
  • Integrar criterios ambientais nos procesos de negocio, nos novos proxectos, actividades, produtos e servizos, así como na selección e avaliación de provedores.
  • Minimizar os efectos adversos sobre os ecosistemas e fomentar a conservación da biodiversidade.
  • Garantir a prevención da contaminación e a mellora continua mediante a optimización da xestión ambiental, a minimización dos riscos ambientais e a participación activa dos empregados.