dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Mobilidade sostible: a eficiencia no transporte

Moverse pola cidade con rapidez e eficiencia pero respectando ao máximo o medio ambiente é un dos obxectivos básicos que definen a filosofía de Gas Natural Fenosa. Na práctica, este compromiso co medio ambiente e o benestar das persoas tradúcese na aposta pola investigación e o desenvolvemento de proxectos de enerxías limpas e renovables, o impulso da implementación dunha frota de vehículos ecoloxicamente sostibles ou o financiamento para a transformación de vehículos a particulares ou da compra de ecomotos ou de bicis eléctricas.

Ecomobilidade

 

 Por que?

  • Porque o consumo actual de combustibles non durará para sempre: o petróleo é un recurso limitado que se esgotará a medio prazo.
  • Porque a concentración dos recursos fósiles en determinadas áreas xeográficas xera unha dependencia das fontes exteriores de subministración, maior en España que na media da UE.
  • Porque os prezos dos combustibles derivados do petróleo son variables.
  • Para promover o uso de enerxías renovables e alternativas que reduzan a emisión de gases contaminantes e axuden a mellorar a calidade do aire.
  • Para respectar a lexislación que limita as emisións de CO2 e de gases de efecto invernadoiro.

 

Todo iso condúcenos a buscar estratexias para reducir o impacto económico e ambiental do transporte a través de:

  • Incrementar a eficiencia nas tecnoloxías para reducir o seu consumo.
  • Diversificar os combustibles.
  • Reducir as emisións á atmosfera.

 

 

Gas e electricidade: alimentación ecolóxica para todos os vehículos

Vehículos a gas natural

Vehículos a gas natural

Os autobuses, camións, taxis, vehículos de carga e mesmo os turismos xa se propulsan con gas natural, a alternativa máis ecolóxica aos combustibles tradicionais. Trátase dunha enerxía limpa, máis económica, moito menos contaminante e menos ruidosa que os vehículos alimentados con derivados do petróleo. Infórmate de todas as súas vantaxes.

Vehículos eléctricos

Vehículos eléctricos

O coche, a moto ou a bici eléctrica son vehículos urbanos que non se provén de combustibles fósiles senón que funcionan con electricidade, alimentándose total ou parcialmente da enerxía das súas baterías que se recargan conectándose á rede eléctrica. Son altamente eficientes, emiten cero emisións á atmosfera e non fan ruído. QUERES SABER MÁIS?