dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Eficiencia e benestar na casa: un paso máis cara a un futuro en verde

A nosa cultura enerxética, os nosos hábitos de consumo e os recursos materiais de que dispoñemos teñen unha incidencia directa no planeta: axudan a acelerar ou a frear o cambio climático e condicionan o futuro estado de saúde ambiental do noso ámbito.

Eficiencia no fogar

 

Revisar periodicamente o estado dos nosos aparatos, comprar produtos de baixo consumo enerxético, utilizar os electrodomésticos (lavadoras e lavalouza) sempre a carga completa ou apagar as luces que non se están a utilizar son pequenos grandes xestos ao alcance de todos que contribúen decisivamente ao desenvolvemento sostible do planeta. Canto máis consumimos, máis contaminamos. E canto máis contaminamos, máis crece a ameaza das desvastadoras consecuencias que se predín co cambio climático. Por iso cada paso conta e cada bo hábito de consumo suma forza no lado positivo dunha balanza que se debate entre un futuro gris e un futuro verde.
 

O consumo dos fogares no noso país é do 16,8% da enerxía total consumida. Abonda quedar un só día sen subministración enerxética para decatarse diso: luces, aparatos eléctricos e gasodomésticos, calefacción, aire acondicionado, auga quente e un longo etcétera sérvennos de exemplos do uso que facemos da enerxía no fogar e que dependen en exclusiva do noso acceso a unha fonte de subministración.
 

Esta dependencia pon en relevo a necesidade de espertar unha nova conciencia colectiva baseada no uso óptimo da enerxía, que asegure o desenvolvemento tecnolóxico pero que tamén respecte o medio. O noso gran de area xoga un papel clave neste pulso.
 

En Gas Natural Fenosa queremos axudarte a ser máis eficiente na casa, por iso pensamos en como podes aproveitar mellor a enerxía, aumentar o teu benestar e mellorar a túa calidade de vida.