O gasto en enerxía supón unha importante parte dos custos totais das empresas e os seus procesos produtivos. Por iso, para acadar a máxima produtividade, calidade e competitividade, é necesario que as industrias e corporacións fagan un uso enerxético sostido e maximicen todas as medidas de eficiencia enerxética que teñan ao seu alcance.
Todas as empresas gastan importantes sumas en enerxía, posto que enerxía é o que necesita dende o vehículo que reparte mercadorías ata o fluorescente que ilumina a oficina ou calquera equipo eléctrico industrial...
Por iso, poder dispoñer de enerxía alcanzable e abundante e saber utilizala de modo eficiente, permite ás compañías contar cun alto nivel de produtividade, mobilidade e confort, o que as axuda decididamente a reducir a súa factura e a mellorar o seu nivel de competitividade.
Aínda que as actividades económicas e os sectores industriais son moitos e variadas, como o son tamén as necesidades concretas das empresas, todas as compañías dependen dunha forma ou outra do acceso e uso da enerxía. A redución do consumo enerxético é, polo tanto, unha ferramenta fundamental para asegurar un uso correcto dos recursos, sempre e cando non se vexa afectado o confort e a calidade de vida dos traballadores, se respecte o ambiente e se asegure un comportamento sostible.
Utilizando a métrica do Índice de Eficiencia Enerxética de Gas Natural Fenosa, para que unha empresa sexa considerada eficiente nos seus procesos e actividades ten que puntuar positivamente en catro eixes:
Consulta aquí o Estudo de Eficiencia Enerxética nas pemes de Gas Natural Fenosa.
En Gas Natural Fenosa, e co obxectivo de que poidas reducir a túa factura e aumentar a túa competitividade, queremos axudarte a mellorar a eficiencia enerxética da túa empresa, o mantemento dos teus equipos, a xestión do control enerxético e o nivel de innovación tecnolóxica.
Acerca de Gas Natural Fenosa
© Naturgy
Avenida San Luis, 77. 28033 Madrid