Utiliza as enerxías limpas

Os métodos de construción dunha vivenda ou de calquera edificio inciden directamente no aproveitamento da enerxía do sol: unha fonte de enerxía limpa, non contaminante e inesgotable coa que podemos xerar electricidade e quentar a auga, entre outras aplicacións.

Enerxía solar fotovoltaica e electricidade

Enerxía solar fotovoltaica

Coa enerxía solar fotovoltaica podemos lograr a electricidade necesaria para iluminar unha vivenda e utilizar todos os aparatos eléctricos do fogar.

Enerxía solar térmica e auga quente sanitaria

Enerxía solar térmica

A través da enerxía solar térmica pódese quentar a auga para uso doméstico.