Como facer un plan doméstico de xestión da demanda

A xestión da demanda é o manexo da enerxía dende o punto de vista das necesidades, e non do gasto. A idea básica do noso plan de xestión da demanda, que nos permitirá aforrar moita enerxía, é deixar de pensar en termos de quilovatios-hora ou litros de gasóleo, e empezar a considerar cantos lumens, calorías ou frigorías necesitamos. Este sinxelo cambio de enfoque, segundo se comprobou, supón xa unha considerable mellora da eficiencia enerxética.

Por exemplo, á hora de adquirir un quentador de auga, é boa idea sumar todos os consumos nun día medio: se non superan unha limpeza de vaixela e dúas duchas, entón un modelo pequeno (por exemplo un termo eléctrico de 30 litros) é máis que suficiente. O mesmo acontece cando imos á tenda a encargar un frigorífico. Os modelos de dúas portas e 400 litros de capacidade son moi sedutores, pero se necesitamos gardar a comida de soamente dúas persoas, un modelo de 180 litros será o axeitado. Non obstante, se vivimos no campo e temos familia numerosa, unha arca conxeladora será imprescindible.

Algúns aspectos que se deben considerar nun plan doméstico da xestión da demanda

Plan doméstico da xestión da demanda

Se xa estamos dispostos a poñer en marcha o noso plan de xestión da demanda, temos dúas grandes opcións:

 

a) Deixarnos aconsellar

 

b) Facer nós mesmos o noso plan de xestión da demanda