a) Deixarnos aconsellar

As ESE (Empresas de Servizos Enerxéticos) poden ser imprescindibles cando se trata de levar a cabo a modernización enerxética completa dunha casa grande ou unha comunidade de propietarios. Encárganse de revisar todos os sistemas enerxéticos, de recomendar e supervisar as medidas que se deben tomar e avaliar os aforros de enerxía conseguidos. Teñen unha modalidade de pagamento dos seus servizos que resulta moi interesante: o cliente non ten que desembolsar diñeiro extra, senón que sinxelamente lles paga cunha porcentaxe da redución das súas facturas de luz e gas.

 

Unha auditoría enerxética profesional adoita incluír medidas da estanquidade e das fugas térmicas da vivenda, así como unha avaliación das facturas e dos usos da enerxía para detectar posibles puntos ou pautas de consumo inútil.