Temperatura e auga quente

Unha das claves do benestar e do confort no fogar é que sexa cálido. Sen iso, relaxarse e sentirse a gusto na casa, no sofá, na cama ou na ducha resulta case imposible. Porque, se na túa casa te sentes como nunha neveira, non poderás gozar de auténtica comodidade. E porque só con auga quente sen interrupcións e cunha temperatura adecuada en todas as estancias poderás gozar do verdadeiro benestar.

Temperatura e auga quente

Que necesitamos para acadar a temperatura axeitada na casa? En primeiro lugar, sentido común. Un illamento correcto de ventás, portas e demais aberturas de fogar cara a fóra son claves para manter a temperatura entre as paredes de casa e evitar as fugas de calor cara ao exterior, coas que se perde unha gran parte da enerxía xerada.

Mantén constante o nivel de humidade

Se o nivel de humidade na casa é demasiado alto, é posible que aparezan fungos e mofos: organismos que poden danar o fogar e provocar problemas de saúde aos teus. Para evitalo, asegúrate de que ventilas e fas recircular suficientemente o aire, usa deshumidificadores e revisa periodicamente o estado dos canos e de calquera outra fonte de humidade que teñas.

  • Usa un vestiario axeitado. Levar pantalóns curtos e camisetas de tirantes no inverno ou xersei e pantuflas no verán é un grande exemplo de ineficiencia enerxética, xa que significa que estamos a desbaldir grandes cantidades de enerxía de forma inxustificada. No inverno, a temperatura ideal á que debemos programar a calefacción é entre os 19 ºC e os 21 ºC; non máis. E, no verán, o aire acondicionado non debe de estar nunca por debaixo dos 25ºC. Deste xeito faremos un uso eficiente da enerxía, ademais de aforrar arrefriados como consecuencia do cambio repentino de temperatura entre o interior e o exterior.

 

  • Usa o método de climatización máis axeitado segundo as túas necesidades. Caldeiras de biomasa, caldeiras convencionais, bombas de calor, convectores, enerxía solar térmica, sistemas termoeléctricos, etc. Sistemas de climatización e equipos de produción de auga quente hai de moitos tipos. Só debes descubrir cal é o que cobre mellor as túas necesidades enerxéticas, poñelo en marcha e, sobre todo, seguir as recomendacións do instalador e facer uso do manual de instrucións de calquera aparato que consuma enerxía.

 

  • Realiza un correcto mantemento. Controlar e comprobar de forma periódica o estado e bo funcionamento dos aparatos e sistemas permitiranos detectar a tempo posibles avarías ou obturacións de saídas de calor ou frío, ademais de evitar a dilapidación enerxética e manter a raia a nosa factura.