Iluminación

A luz é outro dos piares básicos para xerar un ambiente cálido, agradable e confortable: pola súa funcionalidade, é fundamental para realizar as tarefas cotiás do fogar e como elemento decorativo tamén desempeña un papel indispensable na creación dunha atmosfera harmónica e acolledora.

Iluminación

Luz é alegría, é cálida, é vida. Practicamente só cando durmimos estamos sen ela. E mesmo hai quen dorme cun pequeno foco acendido. Xogando só coa luz, podemos transformar un ambiente divertido e fresco de día noutro moito máis cálido, íntimo e acolledor de noite. O segredo é saber manexar axeitadamente os tres grandes tipos de iluminación: a xeral, a ambiental e a puntual, e crear así a atmosfera desexada.

Tipos de iluminación

Xeral

Serve para orientarse: conséguese cunha fonte de luz central, en xeral no teito, ou con varios puntos de luz por separado. No comedor, por exemplo, unha boa idea é situar unha lámpada de teito xusto enriba dunha mesa redonda co fin de iluminar ben toda a superficie, á vez que se evita cegar aos comensais. Outra opción, recomendada para as mesas alongadas, é utilizar dous ou tres lámpadas de menor diámetro que estendan a luz ao longo da mesa.

Ambiental

Máis sutil, utilízase para crear ambientes distintos xa que realza unha zona mentres que deixa outras en sombra. As lámpadas de pé e de sobremesa son as súas aliadas.

Puntual

A máis precisa, destaca un recanto ou un obxecto con focos específicos. Por exemplo, a luz do escritorio, un foco xusto enriba dun cadro ou a luz da campá da cociña.

Consellos de iluminación

  • Planifica os puntos de luz en función dos espazos, as actividades que desenvolverás na estancia e as túas necesidades reais.
  • Utiliza niveis de iluminación. Combina luces xerais, ambientais e puntuais nunha mesma estancia.
  • Aproveita a luz do día e non a tapes con cortinas escuras ou tecidos grosos.
  • Pinta as paredes de cores claras para aumentar a sensación de luminosidade.
  • Utiliza lámpadas (aparellos e compoñentes) máis eficientes, as de baixo consumo ou LED.
  • Evita as sombras sobre os espazos de traballo, como a cociña ou o escritorio, e reforza a luz nestes puntos con focos puntuais.
  • Mantén as lámpadas e as pantallas luminarias limpas: Unha lámpada sucia ou en mal estado pode chegar a perder ata un 50% de luminosidade.