Principios de decoración

Decora con orde e harmonía

A decoración é a arte de combinar as cores, as texturas, os obxectos, os estilos e os recursos co fin de conseguir un ambiente harmónico e esteticamente fermoso. Posto que a harmonía e a estética son dúas disciplinas que se rexen por razóns puramente subxectivas, non existen dogmas, prohibicións nin restricións. Por iso, non existe un fogar máis fermoso ca outro. Só un fogar máis axeitado para cada un de nós. Porque o fogar no que vives é só dos teus e, como tal, debe responder ás vosas necesidades, aos vosos gustos persoais e ás vosas preferencias estéticas.

 

Para crear un ambiente perfecto, debes dar coa combinación axeitada de obxectos, materiais e superficies. E para iso, debes ter en conta unha serie de regras básicas de decoración antes de lanzarte a encher todas as estancias de pequenos ou grandes detalles sen pensar antes en que lugar queres que se converta a túa vivenda. Para non empezar a casa polo tellado e para que logo non che pareza que vives nun lugar no que ninguén se sente a gusto, propoñémosche unha serie de principios básicos para transformar o teu fogar no mellor do mundo.

Decora con orde e harmonía

Define primeiro a distribución de espazos, despois a cor e a iluminación e, finalmente, os obxectos funcionais e decorativos.

Pensa en global

Para empezar, intenta imaxinar que a casa está baleira, non te concentres nos pequenos detalles como cadros ou figuras decorativas e observa os espazos nus dos que dispós, tendo en conta a propia personalidade da casa e os elementos que xa teña integrados como librarías de madeira, chemineas, armarios encaixados, etc. Os tamaños e as formas das estancias ou a presenza de luz natural determinarán as cores, o tamaño e a distribución dos mobles ou a necesidade de aumentar a luz artificial.

Pensa nos teus usos e necesidades

Porque non é o mesmo vivir só, en parella ou en familia, con nenos pequenos ou con mascotas, traballar na casa ou ter un fogar dormitorio: cada fogar responde a necesidades distintas. Sobre a base delas, intenta definir un ou varios usos para cada estancia de forma que cada espazo resulte esteticamente agradable, pero sobre todo, moi funcional e cómodo.

Pensa nos teus gustos persoais

De tendencias en decoración hai para todos os gustos, dende as liñas máis clásicas ás máis rústicas, das máis barrocas ás máis minimalistas ou das máis industriais ás máis románticas. Pensa en como es, en como vistes, no que che gusta facer e no que che fai sentir ben. Así poderás definir que esperas encontrar cando chegues á casa ou cando entres nunha estancia concreta. Por exemplo, un espazo que che relaxe ou ben un que che active.

Pensa nos detalles

Unha vez avaliados os espazos e as posibilidades, o uso, as necesidades e os gustos persoais é hora de definir a túa propia liña decorativa. Pero a harmonía e o equilibrio de liñas, formas e volumes só a encontrarás pensando con orde e coherencia. Da mesma forma que cando compras uns zapatos pensas se tes o vestiario axeitado para combinalos, cando vaias comprar un sofá, pensa onde queres situalo, quen o vai utilizar, para que fin, que cores ten o salón, de que espazo dispós, etc. E recorda que a compra impulsiva adoita estar disputada coa harmonía estética.