dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Gas natural vehicular: a alternativa máis ecolóxica aos combustibles tradicionais

O gas natural vehicular, tanto na súa forma comprimida coma na súa forma líquida, é o combustible máis eficiente e sostible xa que conxuga en equilibrio importantes vantaxes ambientais, a través da redución de emisións e dunha menor contaminación acústica, e tamén económicas.

 

O gas natural vehicular é unha alternativa real que está a permitir mellorar a calidade do aire das nosas cidades, xa que reduce en máis dun 85% as emisións de óxidos de nitróxeno e de partículas en suspensión, principais contaminantes que afectan á saúde humana, e a nivel global, ata nun 20% as emisións de CO2, principal gas de efecto invernadoiro. Ademais, os motores de gas natural producen ata un 50% menos de emisión sonora e vibracións que os motores diésel.
Máis alá das vantaxes ambientais, o gas natural é un combustible moi competitivo dende o punto de vista económico se se compara co gasóleo e a gasolina, xa que se poden lograr aforros de entre o 25% e o 50%, en función da solución adoptada.
O gas natural vehicular, tanto na súa forma comprimida coma na súa forma líquida, álzase como unha eficaz alternativa de mobilidade que resolve os inconvenientes económicos, ambientais e acústicos do petróleo.
Ademais, segundo a Asociación Española de Avaliación de Impacto Ambiental (EIA), as reservas probadas de gas natural convencional e non convencional alcanzan os 250 anos, polo que se garante a súa dispoñibilidade a longo prazo.
 

Frota de vehículos que poden ser propulsados con gas natural vehicular