dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

O coche eléctrico: a carreira cara ás emisións cero

O coche eléctrico

Xa empezou a carreira da industria automobilística cara ao coche perfecto: todas as grandes empresas compiten en innovación tecnolóxica para lanzar ao mercado o vehículo que reúna eficiencia, autonomía, comodidade, seguridade, confort e, sobre todo, cero emisións de gases contaminantes. E todo, a un prezo competitivo.

 

Aínda que o desafío parece difícil, a revolución eléctrica xa está aquí e o relevo do coche de combustión interna polo eléctrico parece que será irreversible nos próximos 10 anos.

Que é e como funciona?

O coche eléctrico é un vehículo que non se alimenta de combustibles fósiles como a gasolina ou o diésel senón que funciona con electricidade. A súa alta eficiencia enerxética, o seu respecto polo ambiente e a súa doada condución convérteno na alternativa perfecta aos ruidosos e contaminantes vehículos de combustión interna, que dependen de recursos limitados como o petróleo.
 

O vehículo de cero emisións aliméntase só coas súas baterías, que se recargan en enchufes convencionais ou nos de carga rápida. Ademais, é capaz de reutilizar a enerxía que os outros perderían: a través dos freos rexenerativos, as baterías almacenan a enerxía cinética que se escapa en forma de calor ao frear e convértena en nova enerxía eléctrica.
 

O coche híbrido

A medio camiño entre o vehículo de combustión interna e o eléctrico (de cero emisións), aparece o coche híbrido, un vehículo de propulsión alternativa que combina un motor eléctrico alimentado por baterías e un motor de gasolina. Pode ser de dous tipos:
 

  1. Híbrido clásico: as baterías eléctricas autorecárganse a través do motor térmico e recuperan a enerxía cinética dos freos a través do alternador. Permiten curtos percorridos en modo eléctrico.
  2. Híbrido enchufable (Plug-in): as súas baterías eléctricas teñen unha autonomía de 20 a 40 km e pódense recargar en enchufes convencionais.

A maioría dos vehículos que circulan hoxe en día polas nosas rúas e que emiten poucos gases contaminantes, son híbridos.
 

 

Importante

Tamén lle pode interesar: