dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Recursos educativos

Co obxectivo de axudar á comunidade educativa e contribuír á sociedade, Gas Natural Fenosa desenvolve diversas iniciativas que pretenden concienciar sobre a necesidade dun uso responsable da enerxía.Ademais dos talleres e actividades presenciais que os nosos expertos en educación levan a cabo nos museos da compañía, o Museo do Gas de Sabadell e o Museo de Arte Contemporáneo de A Coruña, desenvolvemos diversos proxectos educativos de alto impacto, como o Programa "A enerxía, o medioambiente e ti", Efiquest e a Aula de Enerxía.

A enerxía, o ambiente e ti

A enerxía e o ambiente e ti

Hai máis dunha década que Gas Natural Fenosa leva a cabo con éxito este programa pedagóxico, dirixido a alumnos entre 10 e 18 anos e, polo tanto, a varios dos niveis educativos de ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos.

Baseado nunha metodoloxía presencial de carácter aberto e participativo, o programa ten como principal obxectivo axudar os alumnos a reflexionar sobre o uso responsable das enerxías e a súa relación co ambiente. Neste sentido, cómpre salientar que só no curso anterior participaron máis de 96.000 alumnos e un 92% dos docentes opinaron que os contidos foran moi axeitados.

Aula de Enerxía

Aula de Enerxía

Aula de enerxía é un portal para alumnos de 11 a 18 anos que contén actividades TIC sobre enerxía, o seu uso racional e aforro.
Pensada nun ámbito 2.0, Aula de Enerxía conta con diversas actividades e recursos para que os profesores poidan fomentar actitudes críticas sobre o abuso das enerxías non renovables e axudar os seus alumnos a familiarizarse con distintas alternativas enerxéticas.
Baixo o lema pensa globalmente, actúa localmente", os xogos permiten a colaboración entre alumnos e profesores de escolas e institutos de diferentes localizacións xeográficas co obxectivo de fomentar o coñecemento mutuo de realidades diversas.
 

Enerfixe

Enerfixe

Gas Natural Fenosa desenvolveu un xogo educativo sobre Eficiencia Enerxética para que os máis pequenos poidan poñerse a proba e aprender a ser máis eficientes no consumo de enerxía. Mediante o uso de avatares en diversos escenarios, os máis pequenos poden analizar de forma lúdica hábitos e comportamentos e reflexionar sobre os beneficios dun consumo responsable.

O xogo permite tomar conciencia sobre a necesidade de ser eficiente nos detalles máis cotiáns e, polo tanto, de analizar, de forma lúdica e entretida, como nos comportamos a diario.