Cine

Cine

Cine Gas Natural Fenosa

Gas Natural Fenosa apoia a cultura como parte do seu compromiso de colaboración coa sociedade e en especial co mundo do cine, a través de Cinergía e da súa presenza nos principais festivais e salas de proxección do país. Cinergía é a iniciativa de Gas Natural Fenosa que reúne o mellor cine español para concienciar sobre un uso responsable e eficiente da enerxía. Para iso a compañía produce pezas cinematográficas que reflicten a importancia do aforro enerxético vinculado a produtos e servizos da compañía. Grazas a Cinergía, a compañía pasou de falar de cine a facer cine e fíxoo xa en tres ocasións.

 

Cinergía.

Eventos patrocinados

Gas Natural Fenosa ten presenza e apoia os principais festivais e eventos cinematográficos do noso país, como o Festival de Cine de San Sebastián, Festival de Málaga de Cine Español, Madrid Premiere Week, Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya, Premios Feroz, Ciclo Gas Natural Fenosa de Cine Itinerante, Festival Internacional de Cine de Cartaxena Gandules del Centre de Cultura Contemporània de Barcelona, entre outras colaboracións.

Festivais e ciclos apoiados por Gas Natural Fenosa.

Cinesa

Cinesa

Gas Natural Fenosa patrocina máis de 40 salas de cine da rede CINESA. A través deste patrocinio fomentamos o noso apoio á cultura, a innovación e as novas tecnoloxías.

Festival de San Sebastián

Festival de San Sebastián

De recoñecido prestixio europeo e internacional, o Festival de San Sebastián é un dos grandes eventos do panorama cinematográfico.

Festival de Málaga. Cine Español

Festival de Málaga

Dedicado a difundir as producións españolas e con vocación de dirixirse a tódolos públicos, o Festival de Málaga caracterízase pola conexión co público e a súa cidade.

Madrid Premiere Week

Madrid Premiere Week

Madrid Premiere Week é un evento de cine pensado para o gran público. Unha nova forma de achegar o cine á cidade e ao espectador.

Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya

Festival de Sitges

É por excelencia o festival de cine fantástico e de terror e o seu prestixio está patente tanto a nivel nacional como internacional.

Premios Feroz

Premios Feroz

A Asociación de Informadores Cinematográficos de España composta por xornalistas e críticos de cine españois crean os Premios Feroz, que dende o ano 2014 terán carácter anual e nacen coa intención de se converter na antesala dos Premios Goya®, os grandes premios do cine español.

Ciclo Gas Natural Fenosa de Cine Itinerante

Ciclo Gas Natural Fenosa de Cine Itinerante

Esta iniciativa é unha oportunidade para gozar do mellor cine nacional en pantalla grande e de forma gratuíta. Ademais, o público asistente pode descubrir as curiosidades e anécdotas da rodaxe da man de directores e protagonistas que presentan as longametraxes nun coloquio durante as proxeccións.

Festival Internacional de Cine de Cartagena

Festival de Cartagtena

En 1972, e co nome de Semana Internacional de Cine Naval, naceu o FICC, cuxa intención básica era render homenaxe á tradición marítima da comunidade. Hoxe é un dos certames con máis soleira.

Centre de Cultura Contemporània de Barcelona. Gandules

Gandules 2013

Gandules invítanos a gozar do cine ao aire libre. Durante os meses de verán ofrécennos películas que, a pesar de ser aclamadas polo público e pola crítica nos principais festivais de cine, non encontraron aínda o seu lugar nos circuítos comerciais.