dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

O Museo do Gas

Cal é o pasado, presente e futuro da enerxía? Como a enerxía cambiou e está a cambiar as nosas vidas?

Museo del Gas

O Museo do Gas, da Fundación Gas Natural Fenosa, ten como principais obxectivos a preservación, a conservación e a difusión do patrimonio histórico dos sectores do gas e a electricidade. Un labor que combina co firme propósito de investigar no campo do futuro das enerxías e a súa interacción co ambiente.

 

Situado no edificio modernista La Energía, o museo ofrece un percorrido pola evolución da industria do gas e a electricidade nos séculos XIX e XX e recupera máis de 3.500 pezas e obxectos relacionados.

A visita permite reflexionar sobre o presente e o futuro da enerxía, é dicir, sobre a importancia de realizar un uso eficiente dos recursos naturais para obter enerxía de xeito continuado, económico e con baixo impacto ambiental.

O Museo do Gas ofrece un amplo abano de actividades e talleres didácticos dirixidos ao público escolar. Combina a exposición permanente e as temporais coa organización de cursos e conferencias.

Nel encóntrase tamén o Arquivo Histórico da Fundación que ocupa máis de 3.000 metros de estante e recompila documentos históricos das empresas do grupo.