dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Museo de Arte Contemporáneo de Gas Natural Fenosa

MACUF

O Museo de Arte Contemporáneo de Gas Natural Fenosa de A Coruña é un centro multidisciplinar de cultura contemporánea de gran prestixio e calidade cuxo obxectivo é constituír un referente no ámbito sociocultural español.

 

Ademais de contar cunha colección permanente en A Coruña e Valladolid, o Museo de Arte Contemporánea de Gas Natural Fenosa ofrece a posibilidade de visitar diversas exposicións temporais que presentan a creatividade emerxente e o talento de novos artistas así como participar nun gran número de actividades culturais e educativas de diversa índole.

  • Actividades culturais: cine, teatro, literatura e artes escénicas
    No seu programa, destacan tamén as actividades culturais, entre as que destacamos cursos, talleres e conferencias, ademais doutros servizos e programas relacionados co cine, a música, a literatura ou as artes escénicas.
  • Actividades educativas
    Visitas guiadas, proxectos educativos, actividades infantís, talleres de experimentación artística... son algunhas das actividades que o Museo de Arte Contemporánea ideou para nenos e mozos. Unha ampla oferta pensada e deseñada por educadores experimentados cuxo obxectivo é facer da arte "un instrumento de interpretación e transformación".