dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Redes eléctricas intelixentes

As redes eléctricas intelixentes (smart grids) son redes capaces de integrar dun modo automatizado e eficiente o comportamento e accións de todos os axentes conectados a elas: xeradores, distribuidores e consumidores.

Smart Grids

No ha sido posible reproducir el video.

 

Esta evolución, que se basea na aplicación das tecnoloxías da información, dará resposta ás novas necesidades dos clientes, que poderán coñecer e xestionar máis eficientemente o seu consumo. Ademais, permitirá a integración no sistema novos elementos como o coche eléctrico e a xeración distribuída.

As redes intelixentes contribuirán a incrementar a usabilidade e transparencia do sistema, ademais de facilitar o uso da enerxía de xeito eficiente, axudando a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.
 

Gas Natural Fenosa xa iniciou o despregamento das redes intelixentes nas comunidades autónomas nas que conta con redes de distribución eléctrica: Madrid, Galicia, Castela-A Mancha e Castela e León.

Vantaxes para os clientes

  • Prestación de diversos servizos a distancia, como a lectura do consumo, a tramitación das altas ou baixas dos contratos ou a modificación da potencia contratada.
  • Oferta de novos produtos e servizos por parte das comercializadoras.
  • Participación dos clientes no mercado eléctrico, tanto na xeración coma no consumo.
  • Despregamento de puntos de recarga do coche eléctrico.

Obxectivos

  • Reforzar a seguridade da subministración eléctrica e mellorar a calidade no servizo
  • Contribuír ao cumprimento dos obxectivos marcados pola UE para 2020 de redución do 20% das emisións de CO2, mellora do 20% na eficiencia enerxética e achega do 20% da enerxía consumida de fontes renovables.

Proxectos de redes eléctricas intelixentes

Price

O proxecto Price

Trátase do maior proxecto conxunto de demostración de redes intelixentes de España e un dos máis ambiciosos da Unión Europea. Este proxecto permitirá transformar en intelixentes, as redes de distribución de Gas Natural Fenosa e Iberdrola no Corredor do Henares (zona oriental de Madrid e parte da provincia de Guadalaxara).

Energos

Proxecto Energos

Energos é un proxecto de investigación para desenvolver coñecementos e tecnoloxías que permitan avanzar na implantación de redes intelixentes de distribución de enerxía eléctrica (Smart-Grids]).