Congreso 3e-Houses

Coincidindo coa finalización do proxecto 3eHouses os seus participantes organizaron un congreso internacional en relación á eficiencia enerxética en edificios e cidades durante os días 22 e 23 de maio en Sant Cugat del Vallès, Barcelona.

Congreso 3e-Houses

No congreso presentásense os resultados e as conclusións do proxecto europeo 3e-Houses desenvolvido ao longo dos últimos tres anos. Diferentes países de Europa (España, Alemaña, Bulgaria e Reino Unido participaron neste proxecto, baseado na aplicación de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) para a eficiencia enerxética no sector residencial. Nesta xornada presentarase pois as primeiras experiencias TIC levadas a cabo en vivendas sociais e edificios públicos:

 

  • O proxecto 3e-HOUSES e os seus obxectivos.
  • As solucións técnicas adoptadas.
  • Os resultados obtidos nos diferentes países.
  • Novas perspectivas de futuro e barreiras.
  • Conclusións.

 

Contarase coa participación doutros proxectos europeos, que compartirán as súas experiencias e leccións aprendidas en como as TIC poden contribuír no aforro enerxético de edificios.

A xornada constará dunha serie de conferencias a cargo de empresas públicas e privadas (administracións, empresas tecnolóxicas, etc.) e agárdase a asistencia de máis de 90 persoas.