Cityelec: vehículos eléctricos, eficientes e limpos

Proxecto Cityelec

Que é?

O obxecto do proxecto é a busca dunha solución global e integradora de transporte urbano baseado en vehículos lixeiros (coches, motos e minibuses) puramente eléctricos que aseguren un modelo de mobilidade de persoas e mercadorías eficiente e limpo. O proxecto abrangue dende a investigación nos compoñentes dos vehículos e a infraestrutura de recarga ata a demostración real en ámbitos urbanos, incluíndo tamén a creación dun modelo de mobilidade e o desenvolvemento de tecnoloxía nacional.
 

Organízase en 8 subproxectos, tres centrados no desenvolvemento do vehículo e os seus compoñentes fundamentais, tres na infraestrutura, e dous subproxectos xenéricos para definir a especificación e arquitectura do sistema, e a fase de demostración e tarefas de difusión de resultados.
 

Cityelec está financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación no marco do Programa Nacional de Cooperación Público-Privada do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011.
 

Para a súa execución creouse un Consorcio formado por 32 socios dos sectores de automoción, bens de equipo e enerxía. Participan empresas privadas, concellos, operadores de transporte público, universidades e centros tecnolóxicos.
 

Obxectivos

  • Deseñar solucións de mobilidade de persoas e mercadorías en ámbito urbano baseadas en vehículos eléctricos.
  • Investigar en compoñentes do sistema de propulsión e a infraestrutura que son necesarios para a implementación de vehículos eléctricos.
  • Demostrar a viabilidade do sistema mediante o ensaio da infraestrutura con vehículos electrificados.
  • Xerar coñecemento e potenciar o tecido industrial de empresas de base tecnolóxica.
     

Beneficios

A cidade concentra unha gran cantidade de transporte en áreas relativamente pequenas, o que agudiza os problemas de contaminación ambiental e acústica. Por este motivo e pola aínda limitada autonomía dos vehículos eléctricos, é no ámbito urbano onde se están a desenvolver o maior número de iniciativas sobre mobilidade eléctrica. Neste sentido, CITYELEC formula un novo escenario para a electrificación dos vehículos lixeiros urbanos que permitirá avanzar nun modelo de mobilidade de persoas e mercadorías máis eficiente e limpo.
 

Unha vantaxe destacable é que a carga do vehículo eléctrico é en boa medida xestionable, polo tanto cunha carga intelixente permítese optimizar a infraestrutura eléctrica realizando a carga nas horas de menor consumo. Nestas condicións, segundo datos do sector é posible integrar 6,5 millóns de vehículos eléctricos coa rede sen investimentos adicionais nos sistemas de xeración e distribución actuais.
 

Por último, o vehículo eléctrico pode xogar un papel fundamental para integrar, en condicións de seguridade, a crecente incorporación de enerxías renovables.
 

Logros

  • Definición de requisitos preliminares de compoñentes para os novos vehículos.
  • Avaliación de aspectos de seguridade para novos conceptos de vehículo urbano.
  • Proposta de nova normativa adaptada a mobilidade electrificada en ámbito urbano.
  • Dimensionamento óptimo do sistema para unha cidade determinada e especificación de alto nivel dos sistemas de CITYELEC.
  • Propúxose unha solución de Xestor Intelixente de Distribución (GID) baseada en dous armarios, un de xestión de proteccións e monitorización de consumos e outro de xestión do fluxo de enerxía.
  • Definiuse un deseño de Centro de Transformación con SIA (CETSIA) segregado da parte de almacenamento.

Tecnoloxías utilizadas

  • Adaptación da tecnoloxía PLC Prime para xestionar e controlar a recarga de vehículos eléctricos.
  • Desenvolvemento de tecnoloxías de ciberseguridade axeitadas para a xestión de puntos de recarga (autenticación, protección, seguridade, xestión e facturación).
  • Levouse a cabo o deseño Sistema Intermedio de Almacenamento (SIA) sobre a base da tecnoloxía de almacenamento de baterías VRLA e con aloxamento nun edificio de formigón prefabricado.

Despregamento

O proxecto non se formula só coa finalidade de ser un proxecto pioneiro na investigación sobre a electrificación e os novos paradigmas do transporte urbano asociados a esta, senón tamén como un proxecto que xerará unha frota real de vehículos de emisións nulas e unha infraestrutura eléctrica asociada, demostrando a validez do concepto en situacións de condución urbanas reais mediante ensaios a grande escala.

Financiado por:

Logo MINECO

Ministerio de Ciencia e Innovación

Cofinanciado por:

FEDER

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

(FEDER)