GARneT: combustible ecolóxico para vehículos de transporte de mercadorías

GARneT

Que é?

Proxecto europeo cuxo obxecto é analizar, tanto dende o punto de vista tecnolóxico como económico, cales son as mellores alternativas para permitir o desenvolvemento e despregamento a grande escala dunha rede de subministración de GNL como alternativa de combustible ecolóxico e rendible para vehículos pesados de transporte de mercadorías.

 

Este proxecto conta co apoio financeiro da Axencia Europea de Redes de
Transporte Transeuropeo (Ten-T EA), organismo dependente da Comisión Europea cuxa misión é asegurar o desenvolvemento técnico e financeiro de proxectos de infraestruturas de transporte transeuropeas cun enfoque especial na innovación.

 

Dentro do marco deste proxecto, levarase a cabo a instalación en España de sete estacións de servizo de GNL, catro delas fixas e tres estacións móbiles que permitirán unha maior flexibilidade e rapidez de abastecemento de combustible en zonas clave. Nas catro estacións ensaiaranse as tecnoloxías con maior potencial de despregamento a nivel europeo. Así mesmo avaliarase tamén a integración de tecnoloxías de comunicación, a subministración de grandes volumes de GNL ás futuras estacións de GNL para permitir unha axeitada xestión da rede.
 

Obxectivos

  • Construción de catro estacións fixas de subministración de GNL nalgúns dos corredores europeos de tráfico de mercadorías e desenvolvemento de tres estacións móbiles.
  • Investigar a loxística de subministración de GNL ás estacións de recarga.
  • Definir modelos de negocio baseados na experiencia deste proxecto para subministrar GNL en toda Europa a prezos económicos.
  • Identificar as necesidades e diferenzas coas normas regulatorias dos distintos Estados membros e propoñer medidas que logren a harmonía.
  • Reducir o impacto ambiental do transporte de mercadorías por estrada nas rutas transeuropeas.

Beneficios

O uso do gas natural como combustible para o transporte contribúe a mellorar a calidade do aire, xa que reduce en máis dun 85% as emisións de óxidos de nitróxeno e partículas en suspensión contaminantes que afectan á saúde humana, e ata un 20% as emisións de CO2, principal gas de efecto invernadoiro. Ademais o gas natural diminúe a contaminación acústica en comparación co diésel podendo chegar ata o 50%.

Logros

As catro estacións fixas de recarga de GNL xa están construídas. Actualmente estanse a realizar as probas para iniciar a súa operación comercial.

As tres estacións móbiles de recarga de GNL están a ser construídas pola empresa HAM Criogénica. S.L. Estas estacións son construídas sobre camións que se situarán en sitios estratéxicos para ampliar a cobertura de subministración de GNL.
 

Tecnoloxías utilizadas

As catro estacións fixas de recarga son do tipo LGNC. Estas estacións subministran ademais de GNL, Gas Natural Comprimido (GNC).

 

  • En dúas das estacións (Motilla de Palancar e Riba-Roja) subminístrase GNL saturado a 8 bar. Estas condicións de GNL son as requiridas para o funcionamento dos camións das marcas Volvo e Iveco.
  • As outras dúas estacións (Alovera e Iruña de Oca) teñen capacidade para subministrar GNL saturado a 8 bar e 18 bar (super-saturado). O GNL super-saturado é o requirido para o funcionamento dos camións das marcas Scania e Mercedes Benz.

Das tres estacións móbiles, unha subministra soamente GNL saturado a 8 bar. As outras dúas estacións son do tipo LGNC, coa capacidade para subministrar GNL saturado a 8 bar, GNL super-saturado a 18 bar e GNC.
 

Despregamento

O proxecto se inicio en abril de 2012 e a súa finalización está prevista para decembro de 2014. As estacións están situadas en Motilla del Palancar (Cuenca), Alovera (Guadalaxara), Riba-Roja (Valencia) e Iruna de Oca (País Vasco). A selección das devanditas situacións realizouse en función das rutas identificadas como prioritarias e definidas polo Ten-T EA, estas rutas están aliñadas ademais coas principais terminais de GNL que está en funcionamento en España.
 

Para validar os resultados do proxecto chegouse a acordos con propietarios de grandes frotas de vehículos pesados que utilizasen as estacións nunha primeira fase, posteriormente será posible ampliar un número maior de empresas e autónomos.
 

Participación Gas Natural Fenosa

Para a execución deste proxecto creouse un consorcio liderado por Gas Natural SDG, S.A. e HAM Criogénica. S.L.

 

 

Cofinanciamento