Unión Fenosa Distribución investirá preto de 38 millóns de euros entre 2015 e 2017 para mellorar a calidade da subministración eléctrica de Segovia

Data
10-04-2015
Categoría
España
Tema

A compañía distribúe enerxía a preto de 137.000 puntos de subministración en 198 municipios de Segovia.

  • Unión Fenosa Distribución instalará case 26.000 contadores intelixentes na provincia durante este ano, que se sumarán aos preto de 66.100 cos que rematou 2014.

Unión Fenosa Distribución, filial de distribución eléctrica de GAS NATURAL FENOSA, investirá preto de 38 millóns de euros en Segovia no período 2015-2017. O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo aprobou recentemente o plan presentado pola compañía para o próximo trienio, que prevé que durante 2015 se execute un investimento de sete millóns de euros.

A compañía proseguirá deste xeito coa mellora das infraestruturas eléctricas da provincia, onde subministra electricidade a 198 municipios a través dunha rede eléctrica de máis 5.300 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión, e case 1.600 centros de transformación.Esta infraestrutura dá servizo a preto de 137.000 puntos de subministración en Segovia.

Entre os proxectos que se executarán durante 2015 destacan a construción dunha nova saída de media tensión da subestación de Burgomillodo ou a reordenación dos circuítos de media tensión entre as subestacións de Otero e Cerro de la Horca.

Calidade de subministración

Os investimentos realizados nos últimos anos permitiron mellorar substancialmente o tempo de interrupción equivalente da potencia instalada en media tensión (TIEPI), o principal indicador da calidade do servizo.

Entre 2004 e 2014, o TIEPI das redes de Unión Fenosa Distribución en Segovia mellorou un 62%: pasou de 2,39 horas a 0,90 horas.

Desenvolvemento de redes intelixentes

Dentro dos investimentos que Unión Fenosa Distribución realizará na provincia de Segovia, destacan os destinados ao despregamento de redes intelixentes para os clientes domésticos. Este despregamento iniciouse en 2011 en El Espinar e debe estar concluído a finais de 2018, tal e como sinala o Real decreto 1110/2007 e a Orde ministerial 3860/2007.

Durante 2015, a compañía vai instalar preto de 26.000 contadores intelixentes en 87 localidades de Segovia. Estes equipos sumaranse aos preto de 66.100 que Unión Fenosa Distribución substituíra en toda a provincia a peche de 2014.

Os novos contadores son un elemento clave no despregamento das redes intelixentes que abrirán novas posibilidades se servizo aos clientes nun futuro próximo. Grazas a elas, as distribuidoras poderán axilizar as operacións solicitadas polos clientes, como altas, baixas, modificacións ou reconexións, e facilitará as lecturas do consumo.

Máis investimentos en Castela e León

Unión Fenosa Distribución investirá preto de 20 millóns de euros en Castela e León durante este ano.

A compañía subministra electricidade a 362 municipios das provincias de León, Segovia, Zamora e Soria a través dunha rede de máis de 14.200 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión, que dá servizo a máis de 330.000 puntos de subministración.

Respecto ao despregamento de redes intelixentes, a compañía substituirá 65.000 equipos analóxicos por outros dixitais en Castela e León durante este ano.


Segovia, 10 de abril de 2015.