dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

A enerxética que pensa en ti

En Gas Natural Fenosa orientamos os nosos esforzos a coñecer e satisfacer as necesidades dos nosos clientes, proporcionámoslles os mellores produtos e servizos tanto en gas como en electricidade. Porque somos enerxía. A enerxía que pensa.

Que facemos

 

O noso principal obxectivo é prover de enerxía a sociedade para maximizar o seu desenvolvemento e o seu benestar, onde a innovación, a eficiencia enerxética e a sostibilidade son os nosos piares fundamentais.

Estes sinais de identidade impregnan a nosa razón de ser e a nosa base de negocio, que se encontra nos mercados regulados e liberalizados de gas natural e electricidade. A nosa carteira de produtos e servizos é boa mostra diso.
 

No negocio de gas

As liñas estratéxicas do plan céntranse na internacionalización da comercialización e no desenvolvemento de infraestruturas, aproveitando a posición actual da compañía nas concas mediterránea e atlántica.

En gas, somos líderes no mercado de distribución español, onde levamos o gas natural a máis de 1.000 municipios en nove comunidades autónomas e superamos os 5 millóns de clientes.

Convidámosche a coñecer o detalle de que facemos en gas en España.

 

No negocio eléctrico

Centramos as nosas prioridades en culminar proxectos de xeración xa iniciados, potenciar a comercialización para fogares e negocios e de servizos enerxéticos e en fortalecer o negocio de comercialización para grandes clientes.

A nosa distribución de electricidade en Europa está concentrada en Moldova e en España, onde somos o terceiro operador con preto de catro millóns de clientes.

Convidámosche a coñecer que facemos en electricidade en España.

 

Esta estratexia apóiase nas catro fortalezas do noso grupo:

  • Somos un operador best in class na distribución e venda de enerxía.
  • O noso parque de xeración é eficiente e diversificado e permítenos xestionar de xeito competitivo os recursos naturais de que dispoñemos.
  • Temos un sólido posicionamento internacional, onde existen amplas perspectivas de desenvolvemento.
  • Contamos cun equipo humano comprometido e con grande experiencia no negocio.