dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Cambio regulatorio na factura de gas: céntimo verde

O céntimo verde ou Imposto especial sobre hidrocarburos é un imposto sobre o gas natural, aprobado pola Lei 15/2012, do 27 de decembro, de medidas fiscais para a sostibilidade enerxética.

Cando se aplica?
Entra en vigor o 1 de xaneiro de 2013, e só afecta aos kWh consumidos a partir da devandita data.
 

Como se aplica?
O imposto aplícase a diferentes usos do gas. Os tipos impositivos aplicables en función do uso do gas son:

  • Xeral: aplícase sobre o gas natural que se utiliza como combustible de calefacción en usos domésticos ou como carburante para a xeración ou coxeración de electricidade. Aplicaranse 0,234 c€/kWh (0,65 €/Gj).
  • Reducido: aplícase sobre o gas natural para uso industrial, aplicable só a complexos industriais, non a edificios administrativos ou naqueles non vinculados directamente coa actividade industrial. Aplicaranse 0,054 c€/kWh (0,15 €/Gj).
  • Tipo Vehicular: aplícase sobre o gas natural utilizado como carburante de vehículos. Aplicaranse 0,414 c€/kwh (1,15 €/Gj).

Como norma xeral, considérase que as facturacións a persoas físicas, titulares de DNI, realizan un uso doméstico e, en consecuencia, aplicarase o tipo "Xeral".


As persoas físicas que poidan acreditar un uso profesional do gas natural (alta censual onde conste o domicilio da actividade igual ao de subministración ou certificado da Axencia Tributaria) poderán solicitar a aplicación do tipo "Reducido" previsto para o gas natural para usos profesionais.
 

Para solicitar o tipo impositivo reducido é necesario presentar o Modelo de comunicación de datos para os efectos da aplicación do tipo impositivo xunto coa Certificación catastral do terreo e, segundo a actividade, o Certificado da Axencia Tributaria onde conste o IAE e/ou a Declaración de rendemento eléctrico.


A devandita documentación debe remitirse por fax ao 902 050 734 ou por correo ordinario a: Céntimo Verde - GAS NATURAL FENOSA - Apartado n.º 61084 - 28080 (MADRID).