Gas Natural Fenosa patrocina a gala dos PREMIOS FEROZ®, da prensa e a crítica cinematográfica

Data
28-01-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A compañía enerxética apoia esta iniciativa da Asociación de Informadores Cinematográficos de España, froito do seu compromiso de colaboración coa sociedade e en especial co mundo do cine.

  • Os PREMIOS FEROZ®, que terán carácter anual a partir de 2014, nacen coa intención de converterse na antesala dos Premios Goya®, os grandes premios do cine español.
  • Na primeira edición celebrada onte en Madrid, Stockholm foi galardoada como mellor película dramática, mentres que 3 Bodas de Más foi elixida como mellor comedia.

GAS NATURAL FENOSA patrocinou a primeira edición da gala dos PREMIOS FEROZ®, os galardóns outorgados pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España para recoñecer o mérito e a calidade da produción cinematográfica española durante o ano.

Esta iniciativa enmárcase na campaña No cine como na casa de GAS NATURAL FENOSA e é froito do compromiso social e cultural da compañía enerxética, que se concreta nun amplo labor de patrocinio en iniciativas que xeren un alto valor para a sociedade nas zonas nas que desenvolve a súa actividade.

A primeira edición celebrouse onte, nunha cerimonia escrita e dirixida por Paco Cabezas e presentada pola actriz Alexandra Jiménez. A gala foi precedida por unha espectacular alfombra vermella despregada en plena praza do Callao, no corazón de Madrid, pola que desfilaron as grandes estrelas do cine español e que retransmitiu en directo Paramount Channel, que tamén emitiu un programa especial co resumo dos mellores momentos da alfombra vermella.

A distribución de premios articulouse en 11 categorías: mellor película dramática, mellor comedia, mellor dirección, mellor actriz protagonista, mellor actor protagonista, mellor actriz secundaria, mellor actor secundario, mellor guión, mellor música orixinal, mellor tráiler e mellor cartel. Stockholm foi galardoada como mellor película dramática, mentres que 3 Bodas de Más foi elixida como mellor comedia.

Ademais, entregáronse dous premios adicionais designados polo Comité Organizador dos galardóns: o Premio de Honra que recaeu en ao actor José Sacristán como recoñecemento a toda unha carreira, e a Daniel Castro o Premio Especial por Ilusión, a película que segundo a Asociación, merecería unha mellor carreira comercial.

A Asociación de Informadores Cinematográficos de España é un grupo plural de máis de 170 xornalistas e críticos dedicados a informar sobre cine en distintos medios (televisión, radio, prensa e internet) de todo o país.

Apoio ao mundo do cine

GAS NATURAL FENOSA mantén un compromiso de colaboración coa sociedade e en especial co mundo do cine, a través do apoio aos principais festivais e salas de proxección do país. A compañía patrocina, entre outros, o Festival de Cine de San Sebastián-Zinemaldia, o Festival de Cine de Málaga, o Sitges-Festival Internacional de Cine Fantástico de Cataluña e o Festival Internacional de Cine de Cartaxena, así como 44 salas de cine da rede Cinesa en España, que levan o nome de Sala Gas Natural Fenosa.

O pasado verán, GAS NATURAL FENOSA patrocinou o Ciclo Gas Natural Fenosa de Cine Itinerante, que achegou o mellor cine español a máis de 9.000 persoas de diferentes cidades do país. Recentemente a compañía presentou unha segunda edición, que ten como obxectivo levar películas candidatas aos Goya® 2014, unha por cidade, a dez municipios de España.

Co seu apoio ao mundo do cine, GAS NATURAL FENOSA colabora cunha das industrias que máis se viron afectadas pola crise, especialmente no caso dos festivais, que sufriron fortes recortes nas súas fontes de financiamento nos últimos anos.

Madrid, 28 de xaneiro de 2014.