Gas Natural Fenosa realizou hoxe unha emisión pública de bonos de 500 millóns a 10 anos e cun cupón anual do 2,875%

Data
27-02-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A emisión, cuxa demanda superou os 5.000 millóns de euros, servirá para optimizar a estrutura financeira da compañía, incrementar a súa xa ampla liquidez e aumentar o peso do mercado de capitais nas súas fontes de financiamento.

  • Dende xuño de 2009, Gas Natural Fenosa realizou emisións públicas de débeda por un importe próximo aos 13.000 millóns de euros.

GAS NATURAL FENOSA pechou hoxe unha emisión de bonos por un importe de 500 millóns de euros e vencemento en marzo de 2024. Esta emisión fixouse cun cupón anual do 2,875% e un prezo de emisión dos novos bonos do 99,734% do seu valor nominal.

A emisión, que se lanzou esta mañá dentro do programa Euro Medium Term Notes (EMTN), foi sobresubscrita en 10 veces, con ordes duns 400 investidores institucionais de 37 países, o que supón que arredor do 93% se subscribiu con investidores estranxeiros, entre os que destacan os de Alemaña, Gran Bretaña, Francia e Suíza.

Os fondos recibidos nesta operación, cuxo desembolso esta previsto para o próximo 11 de marzo, servirán para optimizar a estrutura financeira da compañía, ao aumentar o peso do mercado de capitais, alongar a vida da débeda e mellorar o perfil de vencementos. Todo iso permitirá aumentar a xa ampla liquidez da compañía.

Dende xuño de 2009, Gas Natural Fenosa realizou emisións públicas por un importe próximo aos 13.000 millóns de euros, dos que a maioría, 12.450 millóns, se levaron a cabo nos mercados europeos. O resto corresponde a débeda emitida en varios países de América latina, onde a compañía conta con actividade.

O cupón medio destes 12.450 millóns de euros é do 4,62%, que foron emitidos a un prazo medio de 7,4 anos.

Barcelona, 27 de febreiro de 2014.