A Fundación Gas Natural Fenosa e a Consellaría de Industria, Empresa e Innovación asinan un acordo para fomentar o uso eficiente da enerxía en Murcia

Data
03-03-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

O convenio marco ten como obxectivo promover e fomentar a eficiencia enerxética e o uso racional da enerxía.

O conselleiro de Industria, Empresa e Innovación, José Ballesta, e o director xeral da Fundación Gas Natural Fenosa, Martí Solà, renovaron hoxe o convenio de colaboración asinado o pasado ano, segundo o cal a empresa enerxética e o Goberno autonómico se comprometen a traballar conxuntamente para fomentar a eficiencia enerxética e o uso eficiente da enerxía na rexión de Murcia.

A través deste convenio, renovado por un ano máis, ambas as dúas partes comprométense a seguir cooperando na difusión da cultura da eficiencia enerxética, a promoción do aforro enerxético como vector de competitividade ou a concienciación sobre a importancia de protección do medio ambiente, entre outros. Do mesmo xeito, acordan unha colaboración para impulsar medidas que faciliten a execución da normativa de seguridade industrial, que contribúan á implantación e ao mantemento de instalacións fiables e respectuosas co medio ambiente.

Fundación Gas Natural Fenosa

Mañá martes, 4 de marzo, a Fundación Gas Natural Fenosa celebrará o seu seminario anual en Murcia "Alternativas energéticas para un mundo en crisis", dedicado ao fomento de alternativas enerxéticas.

Con estas iniciativas, a Fundación Gas Natural Fenosa prosegue co desenvolvemento da súa actividade, orientada á promoción da información, a formación e a sensibilización da sociedade na mellora da eficiencia enerxética e a innovación tecnolóxica no ámbito da enerxía, de forma coherente co respecto e preservación do medio ambiente.

Murcia, 3 de marzo de 2014.

Ficheiros relacionados