Gas Natural Fenosa é a enerxética española máis admirada no mundo, segundo a clasificación de Fortune

Data
12-03-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A multinacional mantén a súa presenza nesta clasificación das compañías máis admiradas no mundo e sitúase por diante doutras compañías enerxéticas internacionais, segundo a prestixiosa publicación estadounidense.

GAS NATURAL FENOSA é a enerxética española máis admirada no mundo, segundo a edición 2014 da clasificación World's Most Admired Companies, que elabora anualmente a revista estadounidense Fortune.

A multinacional española, que alcanza unha nota de 6,6, sitúase por diante doutras multinacionais enerxéticas como Gazprom ou GDF Suez, e é a cuarta enerxética a ámbito mundial empatada con E.On.

Así mesmo, é unha das dúas únicas empresas españolas que figuran entre as empresas máis admiradas do mundo, segundo a clasificación deste ano.

Para a realización desta clasificación, Fortune e Hay Group recompilan datos de preto de 1.500 empresas e baséanse en opinións de executivos e analistas, que valoran aspectos como a responsabilidade social e o valor do investimento, entre outros. Máis información en http://money.cnn.com/magazines/fortune/most-admired/

Gas Natural Fenosa no mundo

Gas Natural Fenosa é o grupo multinacional líder no sector enerxético, pioneiro na integración do gas e a electricidade. Está presente en máis de 25 países, onde ofrece servizo a preto de 20 millóns de clientes dos cinco continentes, cunha potencia instalada de 15,4 GW e un mix diversificado de xeración de electricidade.

Barcelona, 12 de marzo de 2014.