Gas Natural Fenosa e o Concello de Cuenca patrocinarán a representación da ópera La Flauta Mágica de Mozart

Data
11-03-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A representación operística terá lugar os días 5 e 6 de abril no Teatro Auditorio de Cuenca.

  • A compañía enerxética, a través da súa filial distribuidora en Castela-A Mancha, apoiará a representación desta ópera, froito do seu compromiso social e cultural nas zonas onde desenvolve a súa actividade empresarial.

O alcalde da cidade e presidente da Fundación de Cultura "Ciudad de Cuenca", Juan Ávila, e a directora xeral de Gas Natural Castela-A Mancha, Begoña Méndez, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo cal a compañía enerxética patrocinará os días 5 e 6 de abril a representación da ópera La Flauta Mágica de Mozart, con motivo do vixésimo aniversario da inauguración do Teatro Auditorio de Cuenca. O acto contou ademais coa presenza de Consuelo García, concelleira de Cultura, e da nova delegada de Gas Natural Castela-A Mancha en Cuenca e Guadalaxara, Belén Díaz Rubio.

Unha ópera recoñecida en todo o mundo

A ópera La Flauta Mágica é un tipo de ópera popular cantada en alemán e intercalada con partes faladas, dividida en dous actos, con música de Mozart e libreto de Emanuel Schikaneder. A pesar do paso do tempo, a obra mantén o seu status de obra mestra e figura como a número un na lista das óperas máis representadas en todo o mundo.

Con este patrocinio, GAS NATURAL FENOSA e a súa filial na rexión, Gas Natural Castela-A Mancha, renovan o seu compromiso de colaboración coa sociedade conquense e amosan o seu apoio ás manifestacións culturais e artísticas en liña coa súa responsabilidade social corporativa.

A Fundación de Cultura de Cuenca, pola súa banda, ten como obxectivo a difusión das artes escénicas e musicais, e impulsa ademais a asistencia dos cidadáns, con especial incidencia na infancia e na xuventude, así como dos segmentos sociais máis desfavorecidos. Nesta ocasión o Concello e a Fundación atenderon os desexos de afeccionados e artistas vinculados á cidade, ao programar este importante evento.

Cuenca, 11 de marzo de 2014.

Ficheiros relacionados