A Fundación Gas Natural Fenosa e a universidade de Tánxer promoven a eficiencia enerxética en Marrocos

Data
17-03-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

O obxectivo destas xornadas organizadas en Tánxer foi crear un espazo de intercambio entre actores públicos e privados para explorar os retos e oportunidades da eficiencia enerxética como unha panca estratéxica para o crecemento económico sostible.

A Fundación Gas Natural Fenosa, a Asociación Marroquí por un Desenvolvemento Sostible e a Escola Nacional de Ciencias Aplicadas (ENSA) de Tánxer (Universidade Abdelmalek Esaadi de Tetuán-Tánxer, UAE) celebraron as xornadas "Eficiencia Energética: la apuesta ganadora para un crecimiento económico sostenible" (Eficiencia Enerxética: a aposta gañadora para un crecemento económico sostible), que tiveron como obxectivo explorar os retos e oportunidades da eficiencia enerxética como unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento dun crecemento económico sostible.

A xornada de inauguración, que tivo lugar na sede do Goberno da Rexión de Tánxer-Tetuán, contou coa intervención da ministra delegada ante o ministro de Enerxía, de Minas, da Auga e do Medio Ambiente, responsable do Medio Ambiente, do presidente do Consello Rexional de Tánxer-Tetuán, do presidente da Universidade Abdelmalek Essaa, do director do ENSA de Tánxer, do presidente de l'Association Marocaine pour un Environnement Durable e do coordinador de Proxectos Internacionais da Fundación Gas Natural Fenosa.

Nas xornadas, que se celebraron ao longo de tres días e ás que asistiron máis de 250 persoas, organizáronse diversas conferencias e mesas redondas con expertos nacionais e internacionais que debateron sobre os desafíos que representa a eficiencia enerxética a ámbito nacional en sectores clave como a industria, a construción e o desenvolvemento urbano.

A Fundación Gas Natural Fenosa en Marrocos

Estas xornadas enmárcanse no acordo de colaboración asinado coa Escola Nacional de Ciencias Aplicadas de Tánxer en 2008 para promover, entre outros obxectivos, unha cultura de desenvolvemento sostible. Así mesmo, a Fundación apoia actualmente as actividades do Instituto Princesa Lalla Meryem para nenos autistas de Tánxer, tras colaborar na súa posta en marcha.

A Fundación Gas Natural Fenosa ten como obxectivo principal contribuír á sensibilización e educación sobre a protección do medio ambiente nos países nos que está presente a compañía, sen esquecer proxectos que polo seu contido tecnolóxico ou de formación realicen unha achega positiva á sociedade.

Barcelona, 17 de marzo de 2014.