Gas Natural Fenosa patrocina a 17 edición do Festival de Cine de Málaga do 21 ao 29 de marzo

Data
18-03-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A compañía enerxética estará presente neste certame por sexto ano consecutivo, no marco da súa campaña 'No cine como na casa', e froito do seu compromiso social e cultural coa cidade de Málaga

  • Na praza da Constitución instalará un espazo en forma de máquina xigante de flocos de millo onde regalará obsequios e entradas para o certame

GAS NATURAL FENOSA patrocina a 17 edición do Festival de Málaga. Cine Español que terá lugar do 21 ao 29 de marzo na cidade andaluza. Trátase dunha iniciativa enmarcada na súa campaña 'No cine como na casa' e é froito do compromiso social da compañía enerxética, fortemente vinculada no ámbito empresarial coa cidade de Málaga.

Un total de 15 películas compoñen a Sección Oficial desta nova edición do Festival, entre as cales se inclúe No llores, vuela, de Claudia Llosa, que inaugurará o certame. A clausura correrá a cargo de Emilio Aragón que acode ao Festival co filme, fóra de concurso, Una noche en el viejo México.

Durante a semana que dura o Festival pasarán polos distintos espazos do certame grandes figuras do cine español e recoñeceranse actores do talle de José Sacristán e Maribel Verdú e do cineasta Pablo Berger. Ademais, directores como Jorge Torregrossa e Paco León, que presenta no certame a súa segunda película, competirán pola Biznaga de Ouro con directores noveis como Carlos Marques-Marcet ou Beatriz Sanchís.

GAS NATURAL FENOSA mantén así o seu compromiso por contribuír ao desenvolvemento cultural que vai máis alá da súa actividade empresarial e que se concreta nun amplo labor de patrocinio en iniciativas que xeren un alto valor para a sociedade nas zonas nas que a compañía está presente. No caso do Festival de Málaga, a empresa colabora no apoio e desenvolvemento da cultura a través da sétima arte.

GAS NATURAL FENOSA no Festival

A compañía enerxética dispoñerá, durante toda a semana que dura o Festival, dun espazo situado na praza da Constitución que representará unha máquina xigante de flocos de millo e onde as persoas que se acheguen poderán participar no sorteo de obsequios e entradas para o certame.

Por outra parte, e co obxectivo de achegar o Festival e as súas proxeccións ao público, GAS NATURAL FENOSA vai a levar a cabo unha acción online nas súas redes sociais. As persoas interesadas en participar tan só terán que rexistrarse e contestar unha serie de preguntas relacionadas co cine. O premio será entradas duplas para películas de diferentes seccións do certame.

A compañía enerxética repartirá tamén, de xeito gratuíto, abanos caza-autógrafos aos fans que se acheguen cada día á alfombra vermella do Festival de Málaga. Cine Español, no Teatro Cervantes.

Ademais, e ao igual que na anterior edición, a enerxética española patrocinará o Premio GAS NATURAL FENOSA do público á mellor longametraxe que o director xeral de Comunicación e Gabinete de Presidencia, Jordi Garcia, entregará durante a gala de clausura, o 29 de marzo, no Teatro Cervantes da cidade andaluza.

Apoiando o cine

GAS NATURAL FENOSA mantén un compromiso de colaboración coa sociedade e en especial co mundo do cine, a través do apoio aos principais festivais e salas de proxección do país. Ademais do Festival de Málaga. Cine Español, a compañía patrocina o Festival Internacional de Cine de San Sebastián, o Festival de Cine Fantástico de Sitges e o Madrid Premiere Week, ademais de 43 salas de cine da rede Cinesa en España, que levan o nome de Sala GAS NATURAL FENOSA.

Ademais, en colaboración coa Academia de Cine Español, a compañía enerxética organiza o Ciclo GAS NATURAL FENOSA de Cine Itinerante co obxectivo de achegar e potenciar o cine español a diferentes municipios de España.

Co seu apoio ao mundo do cine, GAS NATURAL FENOSA colabora cunha das industrias que máis se viu afectada pola crise, especialmente no caso dos festivais, que sufriron nos últimos anos importantes recortes nas súas fontes de financiamento.

 

Málaga, 18 de marzo de 2014.