A Fundación Gas Natural Fenosa é a primeira en transparencia, segundo a Fundación Compromiso

Data
19-03-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A Fundación Gas Natural Fenosa lidera por terceira vez a clasificación de transparencia das fundacións empresariais españolas, segundo o Informe Construir Confianza 2013.

  • A Fundación Compromiso e Transparencia outorga á Fundación da multinacional enerxética a cualificación máis alta tras examinar as categorías de misión, programas e actividades, padroado, órganos de goberno e información económica, entre outras.

A Fundación GAS NATURAL FENOSA é a fundación de empresa máis transparente de España, segundo o estudo realizado pola Fundación Compromiso e Transparencia onde analiza a transparencia informativa das 50 fundacións empresariais máis importantes do noso país.

Na quinta edición, o Informe Construir Confianza 2013 avalía aspectos en función de se as fundacións publican ou non a seguinte información na súa páxina web: Información de contacto, publicación da misión da empresa, descrición dos programas e actividades que leva a cabo, información dos directivos e sobre o órgano de goberno, así como información económica relativa á Fundación.

A Fundación GAS NATURAL FENOSA ofrece información completa de cada un dos puntos analizados e, con 17 puntos, é a entidade mellor posicionada na clasificación xunto coa Fundación Atresmedia, seguida pola Fundación Seur.

Na análise polos sectores empresariais aos que pertencen as fundacións corporativas, despréndese que o de Seguros e Enerxía é dos que conta con máis fundacións transparentes. Ademais, o Informe destaca da maior parte das fundacións analizadas o bo uso da web para comunicar os seus programas e actividades, así como o avance que se produciu respecto á información dos órganos de goberno e do padroado onde se rexistra o maior aumento respecto á pasada edición.

Fundación GAS NATURAL FENOSA

A Fundación GAS NATURAL FENOSA, fundada en 1992, orienta as súas actividades á sensibilización e a educación ambiental, arredor da enerxía e o medio ambiente e promove actividades culturais orientadas á preservación e a difusión do patrimonio histórico e cultural do sector. Así mesmo, desenvolve accións a ámbito internacional en diferentes países de América latina e no Magreb.

Tamén promove actividades culturais e educativas orientadas á promoción do uso responsable da enerxía, a preservación do medio ambiente e o respecto polo patrimonio industrial. O equipamento corporativo cultural da Fundación GAS NATURAL FENOSA é o único museo en España das súas características.

Barcelona, 19 de marzo de 2014.