O beneficio neto ascendeu a 402 millóns, un 2,3 % menos, nun ámbito macroeconómico esixente e polo impacto regulatorio en España

Data
06-05-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

O Ebitda consolidado da compañía foi de 1.224 millóns de euros, un 4,7 % menos, froito dun ámbito macroeconómico, enerxético e regulatorio especialmente esixente e malia a significativa contención do gasto.

  • Sen ter en conta o impacto das novas medidas regulatorias (76 millóns de euros) e a depreciación de divisas internacionais (44 millóns de euros), o Ebitda crecería un 4,6 %.
  • O beneficio neto descendeu un 2,3 %, ata os 402 millóns, polo impacto do RDL 9/2013,a depreciación das moedas latinoamericanase pola ausencia de extraordinarios e malia o bo comportamento dos negocios internacionais.
  • Malia os impactos no resultado da compañía no trimestre, a diversificación das súas actividades permite a GAS NATURAL FENOSA manter os obxectivos marcados na actualización do seu Plan Estratéxico 2013-2015.
  • As medidas regulatorias adoptadas en España dende 2012 no sector eléctrico repercutirán no Ebitda anual en 600 millóns a partir deste exercicio.Ata o 31 de marzo, só o impacto do RDL 9/2013 ascendeu a 76 millóns de euros no Ebitda.
  • GAS NATURAL FENOSA continúa avanzando no seu desapancamento e situou o seu nivel de endebedamento no 48 %, mentres a súa débeda financeira neta descendeu un 8,2 %, ata os 14.172 millóns, respecto ao mesmo trimestre do ano anterior.


GAS NATURAL FENOSA obtivo un beneficio neto de 402 millóns no primeiro trimestre de 2014, un 2,3 % menos que no mesmo período do ano anterior. O perfil de negocio e a diversificación das actividades da compañía, a súa asentada presenza internacional e unha estrita política financeira permitíronlle compensar, en parte, os distintos impactos macroeconómicos e regulatorios durante este período.

O Ebitda consolidado foi de 1.224 millóns de euros, un 4,7 % inferior respecto ao primeiro trimestre de 2014, malia a significativa contención do gasto. Sen ter en conta o impacto regulatorio (76 millóns de euros) e a depreciación de divisas internacionais (44 millóns de euros), o Ebitda xestionable do primeiro trimestre do exercicio ascendería a 1.344 millóns de euros, un 4,6 % máis que no mesmo período do ano anterior.

As medidas regulatorias do RDL 9/2013 ―que entrou en vigor o 14 de xullo de 2013 e polo tanto non tivo impacto no primeiro trimestre de 2013― restaron ao Ebitda da compañía 76 millóns de euros durante o primeiro trimestre de 2014.

Así mesmo, o impacto no Ebitda da depreciación das moedas na súa translación contable a euros foi 44 millóns de euros superior á do primeiro trimestre do ano anterior. O real brasileiro e o peso colombiano foron as dúas divisas que maior impacto tiveron na depreciación. Por último, a ausencia de resultados procedentes da alienación de activos, ―que si houbo no primeiro trimestre de 2013 coa venda das participacións en Nicaragua―, tamén repercutiu, aínda que en menor grao, no beneficio neto da compañía enerxética no período xaneiro-marzo deste ano.

A solidez e diversificación do modelo de negocio, apoiado na contribución crecente do ámbito internacional, a potenciación da fortaleza financeira nunha senda de desapancamento e unha maior eficiencia posibilitaron estes resultados.

Estes resultados, debido á aplicación obrigatoria da NIIF 11 Acordos conxuntos, inclúen xa o cambio de método de consolidación aplicable a distintas sociedades conxuntas nas que participa GAS NATURAL FENOSA. Para a comparación homoxénea dos datos cos do exercicio anterior, estes últimos foron expresados tamén de acordo á NIIF 11.

Mantemento dos obxectivos estratéxicos e da política de dividendo

Malia os impactos no resultado da compañía durante o primeiro trimestre, a diversificación das súas actividades permite a GAS NATURAL FENOSA manter os obxectivos marcados na actualización do seu Plan Estratéxico 2013-2015. Esta revisión establece obxectivos realistas, adaptados ao contexto macroeconómico, enerxético e sobre todo ao importante impacto regulatorio, para seguir cumprindo cos seus compromisos ante os accionistas.

A compañía continúa comprometida cunha sólida política de dividendo en efectivo e prevé manter o pay out en niveis do 62 %, na liña dos últimos anos, compatible cos obxectivos de crecemento e desapancamento previstos. A Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas, celebrada o pasado abril en Barcelona, aprobou unha remuneración en efectivo para o accionista por un importe total de 898 millóns, un 0,3 % máis que no ano anterior, o que supón manter o pay out no 62,1 %.

O pagamento do dividendo complementario, de 0,504 euros por acción, realizarase o próximo día 1 de xullo. O pasado 8 de xaneiro, a compañía pagou en efectivo un dividendo á conta de 0,393 euros por acción, con cargo aos resultados do exercicio 2013.

Destacada achega das actividades internacionais

As actividades internacionais de GAS NATURAL FENOSA representaron o 39,3 % do total do Ebitda consolidado, fronte ao 42 % no mesmo período do ano anterior.
Este descenso débese principalmente ao impacto da translación contable a euros das distintas divisas internacionais, especialmente as de América latina. O Ebitda das actividades en España descende tamén un 0,3 % e alcanza o 60,7 % do total do consolidado.

A 31 de marzo, a débeda financeira neta foi de 14.172 millóns de euros, o que situou o nivel de endebedamento no 48 %. De descontar o déficit de tarifa pendente de cobrar a peche do primeiro trimestre (496 millóns), así como as retencións por desviacións transitorias de ingresos e gastos de 2014 (70 millóns), a débeda neta situaríase en 13.606 millóns, equivalente a un índice de endebedamento do 47 %.

O 94 % da débeda financeira neta ten un vencemento igual ou posterior ao ano 2016 e a vida media da débeda situouse en 5 anos. A 31 de marzo, a compañía totalizou unha liquidez de 11.794 millóns de euros, o que supón unha cobertura de vencementos superior aos 24 meses.

Os investimentos materiais e intanxibles de GAS NATURAL FENOSA alcanzaron os 357 millóns de euros durante o período, cun incremento do 84 % respecto aos do mesmo trimestre do ano anterior. Este crecemento débese fundamentalmente á incorporación dun buque metaneiro en marzo deste ano en réxime de arrendamento financeiro.

Por ámbito xeográfico, os investimentos en España ―excluído o buque metaneiro― diminuíron un 18,8 %. Mentres, os investimentos no ámbito internacional aumentaron un 10,4 %. En América latina o principal foco de investimento é México, pola construción do parque eólico de Bií Hioxo, de 234 MW de potencia.


Distribución de gas en España

O Ebitda da actividade de distribución de gas en España alcanzou os 227 millóns de euros, cun crecemento moderado do 0,9 %.

As vendas da actividade regulada de gas en España no seu conxunto descenderon en 5.696 GWh (-10 %) respecto ao mesmo trimestre do ano anterior. Este descenso vén provocado principalmente pola caída do 69,1 % das vendas de transporte secundario debido á diminución do consumo de ciclos combinados e a maior produción con enerxías renovables. Así mesmo, a demanda de gas suxeita a remuneración caeu un 8 % debido á climatoloxía máis cálida dos últimos quince anos.

A 31 de marzo, a compañía tiña 5.184.000 puntos de subministración (+1 %) e a rede de distribución alcanzou os 47.966 quilómetros, un 2,4 % máis que a peche do primeiro trimestre do ano anterior.

 
Distribución de gas en Italia

O Ebitda da actividade de distribución de gas en Italia foi de 26 millóns de euros, un 16,1 % menos que no mesmo período do ano anterior. A redución débese, por unha banda, aos novos modelos regulatorios de retribución 2014-2019, que minoran a remuneración da distribución e provocan menor marxe de comercialización en períodos de maior consumo. Por outra banda, a diminución das vendas no mercado doméstico polas altas temperaturas tamén influíron no resultado do primeiro trimestre. As vendas da actividade de gas ascenderon a 1.575 GWh.

GAS NATURAL FENOSA alcanzou os 455.000 puntos de subministración en Italia, un 1,3 % máis que a 31 de marzo de 2013, mentres que a rede de distribución alcanzou os 6.975 quilómetros, o 1,3 % máis.


Distribución de electricidade en España

O Ebitda da actividade de distribución de electricidade, de 141 millóns de euros, reduciuse un 4,1 % respecto ao mesmo período do ano anterior, mentres que o importe neto da cifra de negocio descendeu un 3,8 %. A caída no resultado responde ao impacto negativo da nova regulación en España. Por unha banda, o RDL 13/2012, que estableceu unha redución dos ingresos regulados asociados á actividade de distribución e xestión comercial do acceso e, por outra, ao RDL 9/2013, que afecta á actividade de distribución de electricidade.

A negativa evolución do resultado das actividades de distribución de electricidade en España quedou compensada en parte polo descenso doutros gastos operativos, o que reflectiu as distintas medidas de eficiencia que a compañía previra na actualización do seu Plan Estratéxico presentado en novembro do ano pasado.

A 31 de marzo, as vendas da actividade de electricidade foron de 8.394 GWh, un 5,3 % menos que no mesmo período de 2013. A peche do primeiro trimestre, a compañía contaba con 3.668.000 puntos de subministración, que iguala a cifra do mesmo trimestre do ano anterior.

O Tempo de Interrupción Equivalente á Potencia Instalada (TIEPI) alcanzou valores superiores aos do mesmo período de 2013, debido principalmente a unha peor climatoloxía aínda que acorde á media rexistrada nos últimos anos.


Distribución de electricidade en Moldavia

O Ebitda da actividade de distribución de electricidade en Moldavia alcanzou os 12 millóns de euros no primeiro trimestre de 2014, en liña cos resultados da compañía no país no mesmo período do ano anterior. Sen considerar o efecto do tipo de cambio, o crecemento do Ebitda sería do 8 % pola mellora nos indicadores de perdas, melloras de eficiencia e contención de gastos.
As vendas da actividade de electricidade ascenderon a 711 GWh (+2,4 %) e os puntos de subministración pecharon o ano en 849.000 (+1,2 %).

Gas: Infraestruturas

O Ebitda da actividade de infraestruturas, que inclúe a operación do gasoduto Magreb-Europa, a xestión do transporte marítimo, o desenvolvemento dos proxectos integrados de gas natural licuado (GNL) e a exploración, desenvolvemento, produción e almacenamento de hidrocarburos, elevouse no primeiro trimestre do ano a 71 millóns de euros, un 6 % máis, debido principalmente ao incremento da tarifa de transporte internacional do gasoduto Magreb-Europa en 2013 e á optimización loxística da frota.

A 31 de marzo, a actividade de transporte de gas desenvolvida en Marrocos a través das sociedades EMPL e Metragaz, sumou un volume total de 33.287 GWh, un 4,9 % menos que no primeiro trimestre de 2013 por un menor volume de gas enviado durante o ano a España para cubrir a demanda do mercado. Desta cifra, 23.474 GWh (-5,1 %) foron transportados para GAS NATURAL FENOSA a través da sociedade Sagane e 9.813 GWh (-4,4 %) para Portugal e Marrocos.

Gas: Aprovisionamento e comercialización

O Ebitda da actividade mundial de aprovisionamento e comercialización de gas ascendeu a 31 de marzo a 241 millóns de euros, un 3,6% menos que no mesmo período de 2013, debido fundamentalmente ao descenso das vendas en España por climatoloxía e á diferente programación de vendas no mercado exterior.

A diversificación da carteira de commodities, así como a xestión conxunta do risco de commodity e dólar contribuíron a manter o resultado en niveis semellantes ao mesmo período do ano anterior nun contexto de significativa volatilidade nos mercados enerxéticos e de divisa.

A peche do primeiro trimestre, o gas comercializado no mercado español alcanzou os 54.728 GWh, cun descenso do 11,2 %, por unha menor comercialización a clientes finais de GAS NATURAL FENOSA, así como un menor consumo dos ciclos combinados e por un menor aprovisionamento a terceiros (-19,6 %).

Gas Natural Europe, filial de comercialización en Europa, conta actualmente en Francia con 2.655 puntos de subministración, que equivale a unha carteira de 15,1 TWh anuais. A filial consolida a súa posición en Bélxica e Luxemburgo con 432 puntos de subministración, que representa unha carteira contratada de 6,3 TWh anuais. En Holanda afiánzase a posición con 274 puntos de subministración (5,2 TWh de carteira) e en Alemaña xa hai 100 puntos de subministración e 1,2 TWh de carteira.

En Italia, Gas Natural Vendita conseguiu unha carteira contratada no mercado almacenista de 4,4 TWh/ano a peche do primeiro trimestre.

No mercado portugués, GAS NATURAL FENOSA continuou a súa consolidación como primeiro operador estranxeiro en comercialización de gas almacenista, cunha carteira de contratos industriais de 6,2 TWh/ano. A compañía pechou o trimestre cunha cota de mercado do 13 % que, segundo o Ente Regulador portugués (ERSE), a converte no segundo operador do país. No mercado industrial, onde centra as súas actividades, a cota estimada a peche do trimestre foi superior ao 20 %, polo que consolida o seu liderado na Península Ibérica de cara á creación dun mercado único ibérico (MIBGAS).

No mercado exterior, destaca o incremento da diversificación de mercados, con vendas de gas en América (Caribe e Sur) e Asia (Xapón, India e Corea do Sur). A compañía consolida a súa presenza nos principais mercados internacionais de GNL cunha posición a medio prazo en países en crecemento ou líderes no mercado do gas natural licuado.

No mercado retallista, a compañía alcanzou en España 11,3 millóns de contratos activos de gas, electricidade e servizos a 31 de marzo. Durante o primeiro trimestre, a compañía conseguiu activar 397.000 novos contratos no mercado residencial, cunha carteira final de 351.000 contratos de gas, electricidade e servizos no mercado da pequena e mediana empresa, dos que 19.000 son contratos eléctricos no mercado portugués.

Este desempeño fixo crecer a carteira de contratos no segmento retallista nun 6 % en termos homoxéneos respecto a peche do primeiro trimestre de 2014. Por outra banda, superouse a cifra de 1,3 millóns de fogares que contan con subministración conxunta de gas e electricidade por parte de GAS NATURAL FENOSA e máis de 2,3 millóns de contratos activos de servizos de mantemento.

Electricidade España

O Ebitda da actividade de electricidade en España (xeración, comercialización almacenista e retallista, e subministración de electricidade a tarifa de último recurso) foi de 197 millóns de euros, un 14,3 % menos que no primeiro trimestre de 2013. Este descenso veu motivado fundamentalmente polo impacto que as medidas fiscais e regulatorias, aprobadas na Lei 15/2012 e RDL 9/2013, tiveron sobre a xeración eléctrica.

O prezo medio ponderado do mercado diario no período xaneiro-marzo deste ano foi de 24,88 €/MWh, inferior aos 40,75 €/MWh do mesmo período do ano anterior e menos da metade dos 53,81 €/MWh do trimestre anterior.

A produción de enerxía eléctrica foi de 7.198 GWh, un 12,5 % menos que no mesmo período do ano anterior. Desa cifra, 6.448 GWh corresponden a xeración en Réxime Ordinario (-14 %), mentres que a xeración en Réxime Especial sumou 750 GWh (+3,3 %).

A cota acumulada de GAS NATURAL FENOSA en xeración de electricidade en Réxime Ordinario situouse no 17,5 % no primeiro trimestre do ano, inferior ao 20,2 % do mesmo período do ano 2013.

No primeiro trimestre, a produción hidráulica foi de 2.205 GWh, un 15,9 % superior aos 1.903 GWh do mesmo período do ano anterior, consecuencia das abundantes chuvias neste período. Pola súa banda, a produción nuclear aumentou un 3,9 %, ata os 1.164 GWh.

A produción dos ciclos combinados durante o primeiro trimestre de 2014 ascendeu a 2.808 GWh, un 25 % menos que no mesmo período de 2013 e en liña cos descensos dos últimos trimestres.

A produción térmica con carbón alcanzou no trimestre os 271 GWh, fronte aos 730 GWh do mesmo período en 2013 (-62,9 %). A aplicación do Real decreto de garantía de subministración supuxo entre xaneiro e marzo deste ano unha produción con carbón nacional de 112 GWh para GAS NATURAL FENOSA.

As vendas de electricidade, que inclúen a comercialización no mercado liberalizado e de último recurso (TUR), alcanzaron o 31 de marzo os 8.742 GWh, un 1,5 % menos. As cifras da carteira de comercialización eléctrica son acordes ao posicionamento de maximización de marxes, á optimización de cota e ao grao de cobertura que GAS NATURAL FENOSA desexa Ebitdaás variacións de prezo do mercado eléctrico.

Gas Natural Fenosa Renovables

Gas Natural Fenosa Renovables pechou a 31 de marzo de 2014 cunha potencia total instalada en operación de 902 MW, dos cales 738 MW corresponden a tecnoloxía eólica, 10 MW a minihidráulica e 57 MW a coxeración, nos que aplica os novos criterios de consolidación das NIIF 11.

A produción foi un 3,3 % superior á do primeiro trimestre do ano 2013 (750 GWh vs. 726 GWh). O aumento débese fundamentalmente a unha maior produción eólica (+5,5 %), provocada por unha maior eolicidade no período. No que respecta á tecnoloxía minihidraúlica (+26,5 %), a maior produción débese á entrada en funcionamento das centrais de Belesar II e Peares II, ambas as dúas en Galicia, que iniciaron a súa operación comercial a finais de 2013. A coxeración rexistrou un descenso significativo (-41,7 %) respecto ao primeiro trimestre de 2013, debido á publicación da proposta de Orde ministerial que determina os novos parámetros de retribución da enerxía eléctrica exportada.

O Ebitda situouse en 12 millóns de euros no primeiro trimestre de 2014. Este descenso veu provocado pola entrada en vigor de distintas disposicións regulatorias (Lei 15/2012, RDL 2/2013 e RDL 9/2013) que incidiron nos resultados económicos das empresas con tecnoloxías en réxime especial.


Distribución de gas en América latina

Durante o primeiro trimestre do ano, o Ebitda da distribución de gas en América latina alcanzou os 147 millóns de euros, cun descenso do 14,5 % respecto ao mesmo período do ano anterior, debido ao efecto negativo no tipo de cambio como consecuencia da depreciación das moedas locais, especialmente en Brasil (-11,9 %) e Colombia (-9,4 %).

Por países, destacou o Ebitda rexistrado en Brasil, de 69 millóns de euros, que xunto co de Colombia, de 39 millóns de euros, representan máis do 73 % do total. O importe neto da cifra de negocio de distribución de gas en América latina ascendeu a 730 millóns de euros, cunha contribución destacada de Colombia, que aumentou un 26,5 % as súas vendas durante o primeiro trimestre, grazas especialmente ao crecemento do mercado industrial.

A peche do trimestre, as vendas da actividade de gas en América latina, que agrupa as vendas de gas e os servizos de acceso de terceiros á rede (ATR), ascenderon a 56.863 GWh, un 2,2 % máis que as do primeiro trimestre do ano anterior.

A rede de distribución en América latina incrementouse ata o 31 de marzo un 2,5 % e superou os 69.411 quilómetros. A este crecemento contribuíu a expansión da rede en México, con 665 quilómetros novos durante o primeiro trimestre.

GAS NATURAL FENOSA superou os 6,3 millóns de puntos de subministración a 31 de marzo, o que representou un incremento de 241.000 novos puntos. Cómpre salientar o incremento en Colombia, onde se produciu un aumento de 117.000 puntos. Tamén foi relevante o crecemento do incremento neto de clientes residenciais e comerciais en México, dun 63,7 %, por un maior número de postas en servizo que o ano anterior.

Distribución de electricidade en América latina

O Ebitda da actividade de distribución de electricidade en América latina, que inclúe Colombia e Panamá, alcanzou os 79 millóns de euros no primeiro trimestre de 2014, un 3,7 % menos. De non considerar o efecto provocado polo tipo de cambio, así como o desinvestimento en Nicaragua executado en febreiro do ano pasado, o Ebitda aumentaría un 12 %.

Por outra banda, GAS NATURAL FENOSA manterá a operación das súas dúas distribuidoras de electricidade en Panamá (Edemet e Edechi) por un novo período de 15 anos tras a adxudicación da Autoridade Nacional dos Servizos Públicos (ASEP) panameña en agosto do ano pasado.

O negocio de distribución de Colombia achegou 56 millóns de euros ao Ebitda, o que supón un incremento do 20,4 %, sen considerar o efecto do tipo de cambio. Adicionalmente, o Ebitda do primeiro trimestre de 2014 inclúe o importe correspondente ás distribuidoras de Panamá por valor de 23 millóns de euros.

As vendas da actividade de distribución de electricidade en América latina durante o primeiro trimestre foron de 4.074 GWh, cifra practicamente igual á do mesmo período do ano anterior. Sen considerar as operacións de Nicaragua neste período, as vendas experimentarían un incremento do 6,3 %, impulsado polo aumento da demanda tanto en Colombia (6,7 %) coma en Panamá (5,1 %).
A peche de trimestre, a evolución dos indicadores operativos básicos do negocio evidencia os bos resultados da xestión do negocio e o desenvolvemento, conforme aos plans de redución de perdas e morosidade en ambos os dous países.

Electricidade América latina

O Ebitda do negocio de electricidade en América latina, achegado polos activos de xeración en México, Costa Rica, Panamá e República Dominicana, ascendeu 48 millóns de euros a peche do trimestre, un 5,9 % menos. En caso de non considerar o efecto provocado polo tipo de cambio, o Ebitda reduciríase nun 2,4 %.

A enerxía producida en América latina foi de 4.013 GWh, un 11,1 % menos que no mesmo período do ano anterior.

 

Barcelona, 6 de maio de 2014.

Conta de resultados consolidada

(€ millóns) 1T14 1T13(*)
Importe neto da cifra de negocios 6.284 6.649
Outros ingresos de explotación 48 59
Aprovisionamentos -4.460 -4.712
Gastos de persoal -211 -227
Outros gastos de explotación -437 -484
Ebitda 1.224 1.285
Outros resultados - 8
Amortizacións e perdas por deterioración -387 -397
Dotación a provisións -47 -55
RESULTADO DE EXPLOTACIÓN 790 841
Resultado financeiro -200 -206
Resultado alienación instrumentos financeiros - -
Resultado de entidades método participación -1 -10
RESULTADO ANTES DE IMPOSTOS 589 625
Imposto sobre beneficios -144 -161
Intereses minoritarios -43 -53
RESULTADO ATRIBUÍBLE AO GRUPO 402 411

(*) Reexpresado aplicando NIIF 11

 

Balance de situación consolidado

(€ millóns) 31/03/14 31/03/13(*)
Activo non corrente- 33.137 33.800
Inmobilizado intanxible 7.946 8.307
Inmobilizado material 20.282 20.889
Investimentos método participación 2.415 2.567
Activos financeiros non correntes 1.437 998
Activos por imposto diferido 1.057 1.039
Activo corrente- 10.739 11.310
Existencias 779 676
Debedores comerciais e outras contas a cobrar 5.183 5.119
Outros activos financeiros correntes 294 1.091
Efectivo e medios líquidos equivalentes 4.483 4.424
TOTAL ACTIVO 43.876 45.110

 

(€ millóns) 31/03/14 31/03/13(*)
Patrimonio neto- 15.349 15.356
Patrimonio neto atribuído á entidade dominante 13.827 13.764
Intereses minoritarios 1.522 1.592
Pasivo non corrente- 19.566 23.485
Ingresos diferidos 923 868
Activos por imposto diferido 1.057 1.039
Provisións non correntes 1.467 1.563
Pasivos financeiros non correntes 14.332 18.332
Pasivos por imposto diferido 1.982 2.044
Outros pasivos non correntes 862 678
Pasivo corrente- 8.961 6.269
Provisións correntes 139 132
Pasivos financeiros correntes 4.329 1.533
Acredores comerciais e outras contas a pagar 4.039 4.183
Outros pasivos correntes 454 421
TOTAL PASIVO E PATRIMONIO NETO 43.876 45.110

(*) Reexpresado aplicando NIIF 11

 

Principais magnitudes físicas consolidadas

Actividade de distribución Europa

  1T14 1T13 %
Distribución gas:      
Vendas - ATR (GWh) 52.969 59.032 -10,3
Puntos de subministración, en miles (31/03) 5.639 5.581 1,0
Distribución electricidade:      
Vendas - ATR (GWh) 9.105 9.560 -4,8
Puntos de subministración, en miles (31/03) 4.517 4.509 0,2
TIEPI en España (minutos) 19 14 35,7

 

Actividade de gas

  1T14 1T13 %
Subministración de gas (GWh):      
Vendas - ATR (GWh) 86.114 89.179 -3,4
Comercialización España 54.728 61.611 -11,2
Comercialización retallista Italia 1.232 1.560 -21,0
Resto vendas de gas 30.154 26.008 15,9
Transporte de gas - EMPL (GWh) 33.287 35.011 -4,9

 

Actividade de electricidade

  1T14 1T13 %
Enerxía eléctrica producida (GWh): 7.342 8.367 -12,3
España: 7.198 8.224 -12,5
Réxime ordinario: 6.448 7.498 -14,0
Hidráulica 2.205 1.903 15,9
Nuclear 1.164 1.120 3,9
Carbón 271 730 -62,9
Ciclos combinados 2.808 3.745 -25,0
Réxime especial 750 726 3,3
Internacional (Kenya) 144 143 0,7
Capacidade de xeración eléctrica (MW): 12.202 12.138 0,5
España: 12.090 12.026 0,5
Réxime ordinario: 11.188 11.162 0,2
Hidráulica 1.916 1.907 0,5
Nuclear 604 604 -
Carbón 2.065 2.048 0,8
Ciclos combinados 6.603 6.603 -
Réxime especial 902 864 4,4
Internacional (Kenya) 112 112 -

 

Actividade en América latina

  1T14 1T13 %
Distribución, vendas - ATR (Gwh): 60.937 59.714 2,0
Gas 56.863 55.641 2,2
Electricidade 4.074 4.073 -
Puntos de subministración, en miles (31/03): 9.319 8.980 3,8
Gas 6.379 6.138 3,9
Electricidade 2.940 2.842 3,4
Capacidade de xeración eléctrica (MW): 2.317 2.317 -
México (CC) 2.035 2.035 -
Costa Rica (hidráulica) 51 51 -
Panamá (hidráulica) 22 22 -
Panamá (fuel) 11 11 -
República Dominicana (fuel) 198 198 -
Enerxía eléctrica producida (GWh): 4.013 4.512 -11,1
México (CC) 3.831 4.137 -7,4
Costa Rica (hidráulica) 26 42 -38,1
Panamá (hidráulica) 14 15 -6,7
Panamá (fuel) 12 3 -
República Dominicana (fuel) 130 315 -58,7