Gas Natural Fenosa é a quinta empresa española entre as 2.000 maiores compañías cotizadas do mundo, segundo a revista Forbes

Data
09-05-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

A multinacional é unha das enerxéticas españolas que máis avanza na clasificación deste ano e mellora nove posicións respecto ao 2013.

  • A compañía española ocupa a posición 230 da clasificación Global 2000, elaborada pola prestixiosa publicación estadounidense.

GAS NATURAL FENOSA é a quinta empresa española entre as 2.000 maiores compañías do mundo que cotizan en bolsa, segundo a edición 2014 da clasificación Global 2000 que elabora anualmente a revista estadounidense Forbes.

A enerxética española sitúase no posto 230 e avanza nove posicións respecto ao listado de 2013, cando ocupou o 239. A clasificación, que este ano está liderada por tres bancos chineses, ICBC (Industrial & Commercial Bank of China), China Construction Bank e Agricultural Bank of China, tamén inclúe outras compañías españolas como Telefónica, BBVA, Caixabank ou Abertis.

A cifra de negocios, os beneficios, os activos das compañías e o seu valor de mercado son algúns dos parámetros que a publicación ten en conta para elaborar o listado. A clasificación definitiva configúrase a partir da suma total das puntuacións en cada un destes parámetros.

Global 2000

A clasificación Global 2000 deste ano engloba 62 países, fronte aos 46 que había na primeira edición de 2003. O conxunto das compañías presentes no listado este ano teñen uns ingresos de 38 billóns de dólares e un valor no mercado de 44 billóns de dólares. Todos os parámetros creceron respecto á clasificación de 2013 e o valor de mercado das compañías é o que máis aumentou, un 13 %. As compañías presentes no Global 2000 empregan a 90 millóns de persoas en todo o mundo.

GAS NATURAL FENOSA

GAS NATURAL FENOSA é unha das compañías multinacionais líderes no sector do gas e a electricidade, está presente en 25 países e conta con preto de 20 millóns de clientes e unha potencia instalada de 15,4 xigawatts. É a maior compañía integrada en gas e electricidade de España e América latina, líder en comercialización de gas natural en Iberia e primeira distribuidora de gas natural de América latina. Así mesmo é un dos maiores operadores de gas natural licuado (GNL) no mundo e referente na conca atlántica e mediterránea, onde opera 30 bcm.


Barcelona, 9 de maio de 2014.