Gas Natural Fenosa colabora coa Confederación de Comercio de Cataluña para fomentar a eficiencia e o aforro enerxético

Data
29-05-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

GAS NATURAL FENOSA facilitará información a través de conferencias, cursos e unha páxina web para que as empresas da Confederación de Comercio de Cataluña (CCC) poidan reducir o seu consumo enerxético.

  • A empresa ofrecerá descontos ás pemes de preto dun 25% na tarifa eléctrica e ata un 10% na de gas natural, así como un servizo gratuíto e personalizado de auditoría enerxética.

GAS NATURAL FENOSA e a Confederación de Comercio de Cataluña asinaron un acordo de colaboración para fomentar a eficiencia e o aforro enerxético nas empresas asociadas á CCC.

O director da Zona Leste dos Negocios Minoristas de GAS NATURAL FENOSA, Antoni Franquesa, e o secretario xeral da CCC, Miquel Àngel Fraile, subscribiron o acordo na sede da Confederación de Comercio de Barcelona. Ao acto asistiron tamén o delegado de vendas e operacións de Cataluña Centro da compañía enerxética, Joan Ramón Vilalta, e o xerente do departamento de servizos da CCC, Lluís Agulló Llucià.

O convenio prevé a posta en marcha de actuacións de información, divulgación, formación e análise en materia de eficiencia enerxética. GAS NATURAL FENOSA encargarase de deseñar, planificar e organizar xornadas, conferencias, cursos, obradoiros e outras actividades similares para favorecer o aforro e a eficiencia enerxética. Así mesmo, a compañía facilitará máis información sobre o tema ás empresas da CCC a través da web www.negocio.gasnaturalfenosa.es.

Ademais, GAS NATURAL FENOSA poñerá a disposición da Confederación de Comercio de Cataluña un informe de materiais de comunicación que sirva para aconsellar as súas empresas en materia de eficiencia enerxética así como sobre unha oferta de desconto de luz e de gas.

Descontos na tarifa eléctrica e de gas

Coa sinatura do convenio, a compañía ofrecerá aos seus asociados prezos competitivos para actividades empresariais, que supoñerán preto dun 25% de desconto sobre as tarifas eléctricas das pemes e ata un 10% no caso do gas natural. Así mesmo, GAS NATURAL FENOSA ofrecerá, sen custo para os asociados, auditorías enerxéticas personalizadas para detectar as medidas de eficiencia enerxética que se poderían desenvolver para reducir o consumo.

 


Barcelona, 29 de maio de 2014.

Ficheiros relacionados