Máis de duascentas pemes participan nos cursos de formación do Programa Primeira Exportación da Fundación Gas Natural Fenosa

Data
02-06-2014
Categoría
Noticia corporativa
Tema

O obxectivo do Programa é o de formar e asesorar gratuitamente pemes de calquera sector que desexen realizar a súa primeira exportación.

  • As xornadas de formación en Cataluña teñen lugar hoxe e mañá na sede de Gas Natural Fenosa en Barcelona.
  • A iniciativa é un novo paso no compromiso de GAS NATURAL FENOSA, que a través da súa actividade contribúe ao desenvolvemento económico industrial e empresarial, xerando riqueza, emprego e progreso.


O secretario de Empresa e Competitividade da Generalitat de Catalunya, Pere Torres, e o director xeral da Fundación Gas Natural Fenosa, Martí Solá, inauguraron hoxe as primeiras xornadas de formación do "Programa Primeira Exportación", un proxecto que ten como obxectivo formar e asesorar gratuitamente pemes catalás que desexen realizar a súa primeira exportación. Para participar no Programa, as empresas interesadas deben achegar un CIF e inscribirse no programa a través do sitio web www.fundaciongasnaturalfenosa.org.

Hoxe e mañá 3 de xuño, en Barcelona, as empresas recibirán información sobre como dar os primeiros pasos no ámbito da exportación en calquera parte do mundo e contarán co asesoramento do director do Programa de Primeira Exportación en España e en Arxentina, Emili Segura e Pablo Furnari respectivamente, así como de expertos do mundo da empresa de diferentes sectores, institucións e da Administración Pública.

José María Cervera, director da Área de Internacionalización Empresarial da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Barcelona, falará sobre os dez erros máis comúns das novas empresas exportadoras e Susana Rodríguez, avogada de Garrigues, tratará dos aspectos xurídicos clave para exportar de forma segura.

Pola súa parte, o director de Expansión da Asociación Multisectorial de Empresas (AMEC), Diego Guri, e a directora da Unidade de Crecemento e Desenvolvemento Empresarial de ACCIÓ, adscrita ao departamento de Empresa e Emprego da Generalitat de Catalunya, Gemma Puig, moderarán debates sobre a experiencia con empresas exportadoras que contarán a súa vivencia á hora de iniciar a exportación. As xornadas de formación serán clausuradas polo director xeral da Fundación Gas Natural Fenosa, Martí Solà.

Unha nova iniciativa da Fundación Gas Natural Fenosa en Cataluña

A implantación deste programa para axudar ás pemes catalás é un novo paso no compromiso de GAS NATURAL FENOSA con Cataluña, que tamén a través da actividade da súa Fundación, contribúe ao desenvolvemento económico industrial e empresarial, xerando riqueza, emprego e progreso.

A Fundación Gas Natural Fenosa, ademais, orienta a súa actividade á promoción da información, á formación e á sensibilización da sociedade na mellora da eficiencia enerxética e a innovación tecnolóxica no ámbito da enerxía de xeito coherente co respecto e preservación do medio. Así mesmo, traballa en ámbitos moi diversos como a promoción cultural, a realización de estudos de ámbito social e sociolóxico, a organización de cursos e sesións e a promoción de publicacións de temática científica e tecnolóxica.

Adicionalmente, a Fundación Gas Natural Fenosa realiza unha intensa actividade internacional de forma permanente en oito países nos que está presente a compañía, onde desenvolve proxectos que supoñen unha achega positiva á sociedade.

 

 

Barcelona, 2 de xuño de 2014.